Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultad de Ciencias Políticas y Sociales

Facultade de Ciencias Políticas e Sociais

Facultade de Ciencias Políticas e Sociais

Dirección

Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n. Campus sur
15782 Santiago de Compostela

Web: http://www.usc.es/politicas
Correo electrónico: zpoldeca@usc.es
Teléfono con extensión: 981563100-15125
Teléfono con extensión: 981563100-15128
Fax: 881815134

Ir a la Web propia

Bienvenida

A través desta páxina o alumno pode consultar toda a información acerca dos estudos e da organización docente da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. A programación docente anual do vindeiro curso académico 2010-2011, ademais, do Grao en Ciencia Política e Xestión Pública e o remate da Licenciatura de Ciencia Política e da Administración, inclúe a posta en marcha dos dous primeiros posgraos oficiais impartidos na Facultade, un Máster en Xestión Pública e un Máster en Xuventude. A esta oferta hai que engadir dentro dos Cursos de Posgrao, dous Másters propios, o Máster en Xestión da Cooperación Internacional e das ONG’s (XII edición) e o Máster en Marketing Político (VII edición).

O Grao en Ciencia Política e da Administración é unha titulación de carácter multidisciplinar que incorpora formación en distintas áreas de coñecemento: Económicas, Socioloxía, Dereito, Relacións internacionais, Xestión e Administración Pública e Ciencia Política.

É unha titulación equilibrada que: 1) combina a formación teórica coa práctica, e mesmo a realización de prácticas en empresas e institucións, e 2) que incentiva a mobilidade de estudantes a través de programas de intercambio con outras universidades españolas, europeas e americanas (Erasmus/Sócrates, Sicue/Séneca, Intercampus). Está orientada a diversos ámbitos de actividade laboral: Administración Pública, xestión en calquera tipo de organización, recursos humanos, avaliación de políticas públicas, marketing político, relacións internacionais e proxección e promoción institucional.

Quero aproveitar esta breve presentación para dar a benvida en nome da Facultade a tódolos estudantes que nos acompañarán no vindeiro curso, así como a todos aqueles que se acheguen á nosa web.

Nieves Lagares
Decana