G1021105 - Bioloxía da célula (Formacion basica) - Curso 2009/2010
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 48.00
- Clase Interactiva: 10.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Departamentos
- Áreas: Bioloxía Celular e Ecoloxía
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Dar a coñecer a organización estrutural da célula, a súa composición macromolecular, o funcionamento dos distintos compoñentes e as relacións intercelulares e co medio extracelular.
- Coñecer o manexo do microscopio e aprender a identificar células e os seus orgánulos en preparacións de microscopia óptica e en micrografías de microscopia electrónica.
- Adestrarse no manexo de bibliografía xeral e especializada, así como no uso de Internet para preparar a materia.
- Aprender a preparar presentacións e seminarios sobre temas da disciplina.
ContidosPROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
INTRODUCIÓN
TEMA 1.- Introdución. Breve historia da Citoloxía e Histoloxía. A Teoría Celular. A Citoloxía e Histoloxía actual e a súa relación con outras ciencias.
TEMA 2.- Organización estrutural dos seres vivos. Células e tecidos.
CITOLOXÍA
Membrana plasmática.
TEMA 3.- Composición e estrutura da membrana plasmática.
TEMA 4.- Intercambios da célula co medio externo I. Transporte de pequenas moléculas e ións a través da membrana plasmática.
TEMA 5.- Intercambios da célula co medio externo II. Transporte de macromoléculas e partículas.
O núcleo, ribosomas e mecanismos xenéticos.
TEMA 6.- Organización estrutural do núcleo celular interfásico.
TEMA 7.- Cromatina e cromosomas.
TEMA 8.- Replicación. Transcrición.
TEMA 9.- Ribosomas e síntese de proteínas.
Sistemas de endomembranas.
TEMA 10.- Retículo endoplasmático.
TEMA 11.- Aparato de Golgi.
TEMA 12.- Sistema lisosomal e vacúolos.
Conversión da enerxía.
TEMA 13.- Mitocondrias.
TEMA 14.- Plastos.
TEMA 15.- Microcorpos.
Citosol.
TEMA 16.- O citosol. Inclusións citoplamáticas.
Motilidade celular e citoesqueleto.
TEMA 17.- Citoesqueleto. Microfilamentos.
TEMA 18.- Microtúbulos.
TEMA 19.- Filamentos intermedios.
O ciclo celular e a división celular.
TEMA 20.- O ciclo celular eucariota.
TEMA 21.- División celular.
TEMA 22.- Meiose.
Determinación, diferenciación e morte celular.
TEMA 23.- Determinación, diferenciación e avellentamento celular.
TEMA 24.- Morte celular.
Relación das células entre si e co medio.
TEMA 25.- Sinalización celular.
TEMA 26.- Matriz extracelular e unións intercelulares.
TEMA 27.- A parede celular vexetal.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
PRÁCTICA 1.- Práctica de computador. Libros de texto na rede.
PRÁCTICA 2.- Práctica de computador. Busca de páxinas na rede relacionadas coa Bioloxía Celular.
PRÁCTICA 3.- Manexo do microscopio óptico. Observación de orgánulos celulares: aparato de Golgi en ganglio raquídeo, retículo endoplasmático en motoneuronas de medula espiñal. Observación de micrografías electrónicas de distintos orgánulos celulares.
PRÁCTICA 4.- Observación de orgánulos celulares: cloroplastos na epiderme de Polypodium, cromoplastos no tomate, amiloplastos na pataca, movemento ciliar en branquias de mexillón. Mitose en sección de raíz de cebola.
PRÁCTICA 5.- Meiose en testículo de anfibio.
SEMINARIOS
Realizaranse 13 seminarios durante o curso, de maneira que a cada alumno, co seu respectivo grupo, lle corresponde preparar un durante o curso. Nos seminarios, os alumnos terán que elaborar e expoñer un traballo feito en base a revisións científicas recentes en inglés sobre temas de Bioloxía Celular.
Bibliografía básica e complementariaRecomendada como texto.
COOPER, G. M.; HAUSMAN, R.E. La Célula. Madrid: Editorial Marbán, 2008. 4ª ed.
Alternativa.
PANIAGUA, R.; NISTAL, M.; SESMA, P., ÁLVAREZ-URÍA, M.; FRAILE, B.; ANADÓN, R.; SÁEZ, F.J. Citología e Histología Vegetal y Animal. 4ª ed. 2 vol. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana, 2007.
ALBERTS, B.; BRAY, D.; JOHNSON, A.; LEWIS, J.; RAFF, M.; ROBERTS, K. e WALTER, P., Introducción a la Biología Celular. Madrid: Ed. Médica Panamericana, 2007.
Máis especializada.
ALBERTS, B.; BRAY, D.; LEWIS, J.; RAFF, M.; ROBERTS, K.; WATSON, J. D. Biología Molecular de la Célula, 4ª ed. Barcelona: Omega, 2004.
LODISH ,H.; BERK, A.; MATSUDAIRA, P.; KAISER, C.A.; KRIEGER, M.; SCOTT, M.P.; ZIPURSKI, S.L.; DARNELL, J. Biología Celular y Molecular. 5ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana, 2006.
BECKER, W.M.; KLEINSMITH, J.; HARDIN, J. El Mundo de la Célula. 6ª ed. Madrid: Pearson Addison Wesley, 2007.
KARP, G. Biología Celular y Molecular: Conceptos y Experimentos. 2ª ed. México: Mac Graw-Hill Interamericana, cop. 2006.
PRÁCTICAS
RUÍZ, M. S.; RODICIO, M.C.; CORUJO, A., Cuaderno de Prácticas de Citología e Histología Vegetal y Animal. Universidade de Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 1985.
MICROSCOPÍA
LOCQUIN, M. e LANGERON, M. Manual de Microscopía. Barcelona: Editorial Labor, 1985.
REVISTAS
- Investigación y Ciencia.
- Mundo Científico.
- Nature.
- Science.
- Current Biology.
- Current Opinion in Cell Biology.
- International Review of Cytology.
- Cell.
- Journal of Cell Biology.
INFORMACIÓN EN INTERNET
1.- Biblioteca da USC.
http://busc.usc.es
2.- Libros de clase.
http://www.pubmed.com (books)
3.- Bioloxía Celular.
http://www.pubmed.com
http://www.cell-biology.com
http:// www.roberthooke.org.ok
http://cellbio.utmb.edu/cellbio/membrane.htm
http://www.microanatomy.net/index.asp
CompetenciasAo finalizar o curso, espérase que os alumnos desta materia:
- Dispoñan de coñecementos suficientes sobre a estrutura e funcionamento da célula para comprender como é e como funciona.
- Sexan capaces de describir e identificar as células e os compoñentes da célula en imaxes de microscopía óptica e electrónica.
- Coñezan e manexen adecuadamente o microscopio óptico.
- Coñezan e manexen as fontes de información e a bibliografía, xeral e especializada, relacionada coa materia.
- Coñezan a terminoloxía usada en Bioloxía Celular.
- Sexan capaces de aplicar a teoría á práctica.
- Saiban traballar en grupo e de forma autónoma.
- Cos coñecementos adquiridos, os alumnos poderán abordar con éxito outras materias do grao de Bioloxía. Estarán capacitados para entender a nova bibliografía relacionada coa materia e actualizar de maneira autónoma os seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza Utilizaranse:
- Clases maxistrais.
- Seminarios impartidos polos alumnos.
- Prácticas de laboratorio y de computador. Faranse grupos de prácticas que terán lugar durante o primeiro cuadrimestre (ata completar 6 h de prácticas de laboratorio e 4 h de prácticas de computador por grupo).
- Titorías obrigatorias (dúas titorías de 1 h cada unha).
- Os seminarios son obrigatorios. Cada alumno deberá expoñer, defender e presentar por escrito o traballo realizado.
Sistema de evaluación- Os alumnos deben superar un exame que representará o 70% da nota final. O aprobado está en 5 sobre 10.
- Os alumnos tamén deben participar e expoñer os seminarios que lle sexan asignados polo profesor, o que suporá o 10% da nota final.
- Así mesmo, é obrigatoria a súa asistencia a prácticas, sendo necesaria para a superación das mesmas. Realizarase un exame práctico obrigatorio que determinará o 10% da nota final.
- A asistencia a clase tamén se terá en conta e suporá o 10% da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoal- Teoría: 35 horas presenciais e 60 horas de traballo persoal (horas totais: 95).
- Preparación e exposición de seminarios: 1 hora presencial e 15 horas de traballo persoal (horas totais: 16).
- Asistencia a seminarios: 12 horas presenciais e de traballo persoal (horas totais: 12).
- Prácticas de laboratorio: 6 horas presenciais e 10 horas de traballo persoal (horas totais: 16).
- Prácticas de computador: 4 horas presenciais e de traballo persoal (horas totais: 4).
- Titorías personalizadas: 2 horas presenciais (horas totais: 2).
- Realización de exames: 5 horas presenciais (horas totais: 5).
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia e participación activa na clase.
- Por cada hora de clase unha hora de estudo, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase (é fundamental que a hora de estudo sexa o máis próxima posible á hora de clase).
- Estudo e revisión semanal da materia dada.
- Aclaración co profesor de posibles dúbidas.
- Repaso para o exame final.