741304 - Desenvolvemento da Expresión Plástica e a súa Didáctica (3º CURSO) - Curso 2011/2012
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 9.00
- Total: 9.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
- Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
- Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: Anual
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo P01 | Ordinario | Prácticos | SI | NON |
| Grupo T01 | Ordinario | Teóricos | SI | SI |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánCastelánGalegoGalegoObxectivos da materia- Descubrir a orixe da expresión a través dos mecanismos que o producen. (Observación)
- Determinar as causas que inflúen na a expresión (Aspecto psicopedagóxico)
- Propoñer as estratexias metodolóxicas que se van seguir (Aspecto metodolóxico)
- Deseñar os proxectos pedagóxicos de aula que favorezan a expresión grafoplástica-visual (Aspecto didáctico)
ContidosI.- A LINGUAXE GRAFOPLÁSTICA-VISUAL INFANTIL
1.1. O orixe da expresión. Aspectos psicopedagóxicos. Valores educativos
1.2. Mecanismos e elementos que inflúen na expresión grafoplástica-visual infantil
1.3. Diferentes concepcións do desenvolvemento grafoplástico-visual infantil
II.- EVOLUCIÓN GRAFO-PLÁSTICA-VISUAL INFANTIL
2.1. Do garabato ao debuxo. Aspecto hológrafo-documental e globalizador
2.2. A expresión consciente da forma. Estudo do inventario-alfabeto-grafo-plástico-visual infantil
III.- A EXPRESIÓN GRAFO-PLÁSTICA-VISUAL INFANTIL
3.1 O humus didáctico nos distintos ámbitos para a expresión
3.2. Os materiais na expresión grafo-plástica e visual infantil
3.3. A cor na etapa infantil
3.4. A terceira dimensión como conquista
3.5. A motivación e as súas estratexias na etapa infantil
3.6. A avaliación: sistemas e aspectos peculiares desta etapa
Bibliografía básica e complementariaCHERRY, C.: El arte del niño en la edad preescolar. CEAC, Barcelona.
HANNOUN, H.: Actividades exploradoras en la escuela primaria. Kapelusz.
KELLOGG, R.: Análisis de la expresión plçastica del preescolar. Cincel, Barcelona.
LOWENFELD, V.: Desarrollo de la capacidad creadora. Kapelusz.
LUQUET: El diseño infantil. Kapelusz.
STERN, A.: El origen de la expresión. Kapelusz.
" " : La conquista de la tercera dimensión. Kapelusz.
TERRY FAW: Psicología del niño. Schaum
V.V.A.A. "La educación visual y plástica hoy". E. Graó
V.V.A.A. "Los valores del arte en la enseñanza". Ricard Huerta. Ed. Universidad de Valencia
WALLO, H.: Los orígenes del pensamiento en el niño. Lautaro, Buenos Aires.
NOTA: En cada tema facilitarase a bibliografía complementaria.
Competencias- Adquirir un marco referencial teórico-práctico que lle permita ao alumno deseñar e desenvolver estratexias didácticas esixidas para a ensinanza da linguaxe grafoplástica-visual na etapa infantil.
- Descubrir a orixe da linguaxe grafoplástica e visual infantil.
- Determinar as causas e os mecanismos que o provocan.
- Capacitar para construír persoalmente unha conceptualización básica do linguaxe GPV infantil.
- Coñecer, experimentar e investigar os materiais que permitan o desenvolvemento da linguaxe GFV infantil.
- Deseñar os proxectos pedagóxicos de aula que permitan e favorezan a expresión GPV infantil.
- Propoñer as estratexias metodolóxicas que se van seguir.
Metodoloxía da ensinanza Desenvolvemento expositivo teórico-reflexivo e globalizador da evolución GPV infantil. A asistencia ás sesións será obrigatoria.
Traballo de recompilación e estudo de obras realizadas por nenos na etapa que nos ocupa. Este traballo será “conditio sine qua non” para superar a materia. Elaborarase durante todo o curso e será entregada co exame final. As pautas para a súa confección serán expostas ao principio de curso. O profesor colaborará na súa orientación sempre que sexa solicitado para iso.
Realización de traballos teórico-prácticos sobre distintos materiais que poidan axudar ao desenvolvemento da expresión GPV na etapa que nos ocupa. Non serán obrigatorios para superar a materia, pero si serán tidos en conta na avaliación final.
SEN DOCENCIA A PARTIR DO CURSO 2012/13 INCLUÍDO.
Sistema de evaluaciónOs alumnos serán avaliados tendo en conta o seguinte: proba final, segundo o calendario oficial do centro, sobre os contidos correspondentes á programación. Para superar a materia, é necesario aprobar esta proba final.
Se o alumnado así o solicitara e se acordara a data co profesor, poderán realizarse probas parciais durante o curso, que terán o valor previamente establecido.
Asistencia e participación activa na actividade da aula.
Realización e presentación, de acordo cos prazos e características que se establezan dos traballos teórico-prácticos individuais ou colectivos.
Os alumnos que non se presenten á proba final serán cualificados como Non Presentados.
Sistema de avaliación dende o curso 2012/13 (incluído): exame
Tempo de estudo e traballo persoalHORAS PRESENCIAIS:
- TEÓRICAS: 30
- PRÁCTICAS: 60
HORAS NON PRESENCIAIS:
ANUAIS: 40
AVALIACIÓN: 10
TOTAL HORAS: 140