P5161206 - A cidade como universo audiovisual contemporáneo. (Cidade histórica vs cidade contemporánea.) - Curso 2010/2011
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte
- Áreas: Historia da Arte
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| CLI01 | Ordinario | Clase Interactiva | SI | NON |
| TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
| TI-ECTS02 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaD. XOSÉ NOGUEIRA OTERO, Días XOVES / VENRES, de 11:00 a 14:00 no despacho 017 do departamento de Historia da Arte (Seminario de Historia do Cine).
A historia da creación audiovisual entendida no seu sentido máis amplo (primeiro, a fotografía, o cinema e o cómic; despois, progresivamente, a televisión, a publicidade audiovisual, a vídeoarte, os novos media) demostra que o mundo urbano sempre constituíu –como non podía ser doutra maneira- un elemento referencial. Obviamente, ese elemento ten sido moi variable, tanto coma as culturas que o sustentaron: nin todas as cidades son iguais nin permañeceron inalterables ao longo do tempo, aínda na contemporaneidadede (moito menos na contemporaneidade, cabería decir). En calquera caso, si podemos detectar dúas constantes. A primeira radica na súa función dentro da tradicional –e, en boa medida, superada- escisión simbólica do imaxinario colectivo, aquela que opón a cidade (múltiple, cosmopolita, fragmentada, inclemente, inasible, tráxica) fronte ao mundo rural (estable, acolledor, comunitario, esencialista) e/ou natural (antes épico que tráxico); a segunda vén dada polas marcas da súa representación: a cidade pode ser representada, interpretada ou imaxinada (ou as tres cousas á vez), pero en todas esas opcións foi xerando uns elementos iconográficos, uns espazos, unhas tramas e uns personaxes –mesmo uns (sub)xéneros- que conforman un universo visual e ficcional propio. Un universo que, ademais, foi coñecendo na súa visualización todo tipo de estratexias: desde o realismo ata a estilización, desde a idealización á distopía, chegando mesmo á abstracción ou, como na actualidade, á dixitalización.
Centraremos a nosa atención de xeito preferente sobre as representacións e nas ficcións audiovisuais contemporáneas, porque están a facer máis ca nunca da cidade (de como se conforma, do que nela sucede e como sucede) o seu principal universo de referencia, e fixérono (estano a facer) dun modo novo. Poida que esta fixación co urbano, coas súas paisaxes e os seus habitantes, teña moito que ver coa extracción maioritaria do público (ou mellor, dos públicos). Pero hai algo máis: semella lóxico que nesta era –tamén artística- da fragmentación e do caos, da inestabilidade e o azar, da falta de acabamento e do simulacro, a cidade (a cidade post/hipermoderna) se converte en escena, unha escena xa indeterminada, anárquica e caótica, ‘porosa’ (G. Amendola), ameazada e multiforme, quizáis un novo ‘non-lugar’ difuso e difícil de aprehender, que tería a súa máis radical expresión na cidade dixital, inmaterial e en rede. Inestable, caótica, fragmentaria, multiforme. As súas imaxes, as súas historias, tamén o serán. E a estudiarlas dedicarémonos.
Contidos1. Introdución. 1.1. A cidade como localización e como personaxe. 1.2. Elementos que van configurar o universo urbano nos distintos tipos de pantallas. Elementos materiais e espaciais. Tipoloxías de personaxes e tramas. Os distintos tipos de cidade.
2. A exploración fotográfica e debuxada da cidade.
3. A cidade como estado psicolóxico (Berlin-Alexanderplatz; Mad Men; The Kingdom). A cidade como título. Os metafóricos universos laborais urbanos (policiais, médicos, xudiciais…).
4. Algunhas investigacións artísticas contemporáneas sobre a cidade. Os cambios na conciencia individual e colectiva (Dan Graham); os límites do espazo privado e público (a cidade vixiante). Os novos modos culturais na vida cotiá e as novas subxectividades (Gordon Matta-Clark).
5. Os novos grandes relatos multiformes. O universo do poder. O universo tráxico dos suburbios (El Ala Oeste de la Casa Blanca; Los Soprano; The Wire; Tremé).
6. A cidade moderna como “interzona”. As distopías post-punk. O microcosmos urbano despois do 11-S. O labirinto do caos e os seus axentes.
7. A cidade pixelada. O City Creator e outras ferramentas. O exemplo de Goon City.
Bibliografía básica e complementariaABUÍN GONZÁLEZ, Anxo: Escenarios del caos. Entre la hipertextualidad y la ‘performance’ en la era electrónica. Valencia, Tirant lo Blanch, 2006.
AMENDOLA, G.: La ciudad postmoderna. Magia y miedo de la metrópolis contemporánea. Madrid, Celeste, 2000.
AUGÉ, Marc: Los "no lugares". Espacios del anonimato. Una antropología de la sobremodernidad. Barcelona, Gedisa, 1993.
BAUMANN, Zygmunt: Modernidad líquida. Buenos Aires, Fondo de Cultura Económica, 2005 (1ª ed., 1999).
BAUMANN, Zygmunt: Arte, ¿líquido?. Madrid, Sequitor, 2007.
CASCAJOSA VIRINO, Concepción: Prime Time. La mejores series de TV americanas. De C.S.I. a Los Soprano. Madrid, Calamar Ediciones, 2005.
CATALÀ DOMÈNECH, Josep M.: La imagen interfaz. Representación y conocimiento en la era de la complejidad. Bilbao, Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea, 2010.
CIEUTAT, Michel: “La ville dans le film policier amèricain”, en Positif, nº 171-172 (julio-agosto 1975).
GARCÍA VÁZQUEZ, Carlos: Ciudad hojaldre. Visiones urbanas del siglo XXI. Barcelona, Gustavo Gili, 2004.
GREENE, Richard / VERNEZZE, Peter (eds.): Los Soprano y la filosofía. Mato, luego existo. Madrid, Ariel, 2010.
GUERIF, François: El cine negro americano. Barcelona, Alcor, 1988.
HERNÁNDEZ RUIZ, Javier: “La ciudad y los géneros cinematográficos: crónica de una dialéctica persistente”, en Catalina Buezo (ed.), Perspectivas de la ciudad. Madrid, Universidad Europea – CEES Ediciones, 1999, pp. 139-149.
HUERTA, Miguel Ángel: Celuloide en llamas. El cine estadounidense tras el 11-S. Madrid, Notorius Ediciones, 2007.
JOUSSE, Thierry et PAQUOT, Thierry (dirs.): La ville au cinéma. Paris, Cahiers du cinéma, 2005.
LEÓN PABLO, José Miguel / LÓPEZ-ARAQUISTAÍN, Jesús (dirs.): Ciutat & còmic/Ciudad & cómic. Barcelona, Centre de Cultura Contemporània, 1998.
LIPOVETSKY, Gilles y CHARLES, Sébastien: Los tiempos hipermodernos. Barcelona, Anagrama, 2006.
LLANO, Rafael: Paul Strand. En el principio fue Manhattan. A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2008.
LÓPEZ SILVESTRE, Federico: El paisaje virtual. El cine de Hollywood y el neobarroco digital. Madrid, Biblioteca Nueva, 2004.
LÓPEZ SILVESTRE, Federico: “Urbanismo y entropía. La megaciudad del cine de ficción contemporáneo (1982-2004)”, en José Costa Mas (ed.): Las ciudades en el cine. Alicante, Universidad de Alicante, 2006.
LYNCH, Kevin: La imagen de la ciudad. Barcelona, Gustavo Gili, 1984.
MITCHELL, William J.: E-topia. "Vida urbana, Jim, pero no la que nosotros conocemos". Barcelona, Gustavo Gili, 2001.
MORENO, Horacio: Cyberpunk: más allá de Matrix. Barcelona, Círculo Latino, 2003.
SHIEL, Mark and FITZMAURICE, Tony (eds.): Screening the City. London-New York, Verso, 2003.
VV.AA.: The Wire. 10 dosis de la mejor serie de la televisión. Madrid, Errata Naturae, 2010.
Competencias• Entender o proceso que conduciu ás representacións e narracións audiovisuais da cidade a constituíren un universo audiovisual propio a través do coñecemento dos diferentes modelos utilizados na súa construción.
• Coñecer as principais claves dese proceso e aplicar os métodos de análise pertinentes.
• Dominar as ferramentas conceptuais e metodolóxicas necesarias.
• Comprender a riqueza e importancia das obras audiovisuais como fonte –non só artística senón tamén histórica- para o coñecemento da nosa sociedade.
Metodoloxía da ensinanza Conxugaranse as clases maxistrais, prácticas e sesións de seminario cun espírito abertamente interactivo, como corresponde á filosofía dunha materia de Máster. Daquela, o carácter dos distintos tipos de sesións será teórico-práctico, no que a exposición de conceptos combinarase co visionado, comentario e análise de textos e materiais audiovisuais. As porcentaxes de protagonismo entre profesor e alumnado repartiranse de acordo co tipo de sesión que se estea a desenvolver.
Sistema de evaluaciónAplicarase a partir de tres apartados:
a) A realización dun traballo de carácter individual sobre o tema da materia (60% da cualificación)
b) A preparación de prácticas (presentacións orais, comentarios escritos, debates...) (20% da cualificación)
c) Asistencia e observación-participación (20% da cualificación)
Tempo de estudo e traballo persoal-Estudio autónomo individual ou en grupo (lectura de bibliografía, procura e visionado de materiais, etc.): 15 horas.
-Preparación de prácticas: 10 horas
- Preparación do traballo: 25 horas.
TOTAL: 50 horas
Recomendacións para o estudo da materiaEspecificaranse ao longo do desenvolvemento dos distintos tipos de sesións.