
A Oficina de Software Libre da USC vai a impartir un ciclo de cursos sobre a "Administración da Ubuntu-USC" aos técnicos informáticos da Área TIC. Os cursos versarán principalmente na xestión e resolución de incidencias menores e usuais, coa finalidade de estabelecer unha primeira estadía no soporte técnico corporativo da USC na distribución de GNU/Linux adaptada para a universidade, Ubuntu-USC.
Ao igual que os anteriores cursos levados a cabo pola Oficina este ano("O Software Libre vitamina a formación da universidade no mes de abril"), este ciclo de cursos inscríbense dentro dos plans de formación que a universidade ofrece aos seus membros pero esta vez a través do servizo de formación ao PAS. O curso está organizado en estreita colaboración entre a Area TIC e a Oficina, que elaboraron un programa que permita formar aos técnicos para o despregue, xestión e mantemento das instalacións de Software Libre baseadas na Ubuntu-USC.
Ao longo das seguintes semanas impartiranse dous cursos exclusivos para os técnicos informáticos da Area TIC para adquirir os coñecementos necesarios para xestionar a que xa é a distribución de GNU/Linux elixida para implantar nas aulas sempre e cando os profesores que imparten docencia nesa aula soliciten un sistema operante baseado en Linux.
Os cursos terán unha duración de 20 horas e o desenvolvemento dos mesmos levarase a cabo nas seguintes datas:
Estase a planificar un curso para os técnicos do Campus de Lugo que se prevé levar a cabo durante o mes de setembro.
Serán impartidos por Fran Diéguez (técnico da Oficina) e Óscar Casal (colaborador da Oficina e investigador no DEC). O programa dos cursos é o seguinte:
A Oficina de Software Libre da USC non só está a promocionar o Software Libre na comunidade universitaria (vexase as campañas de difusión[1] e as ofertas de formación[2] realizadas ata o de agora). En colaboración coa Area TIC está a crear os cimentos para que o despregue efectivo e real de Software Libre nesta nosa universidade sexa unha realidade que xa é palpable e viábel a través dos plans pilotos realizados durante o ano 2009[3].

A Oficina, sempre en colaboración coa súa comisión de seguimento e cos responsábeis da Area TIC, ven realizando unha serie de accións encamiñadas ao uso de Software Libre na universidade. Pódense resumir de forma moi simple e esquemática en: O primeiro paso foi a creación de ferramentas e contidos para promocionar o Software Libre, no que destaca o seu produto estrela, a Ubuntu-USC, sistema operativo en galego adaptado para a universidade. En segundo lugar a oferta de formación, constante desde a creación da Oficina a finais do ano 2008. En terceiro lugar, as tarefas de asesoramento e asistencia técnica de último nivel en materia de Software Libre ao persoal da USC.
[1] Campañas de difusión:
A OSL difunde o Software Libre máis alá da universidade
Traducida ao galego a nova guía de Ubuntu, Comezar con Ubuntu 10.04
Celebración do DocumentFreedomDay 2010
Punto de Información na XGN
[2] Oferta de formación:
O Software Libre vitamina a formación da universidade no mes de abril
Curso de "Introdución á Ubuntu-USC"
II Fiadeiro de Software Libre na USC
[3] Implantación da Ubuntu-USC nas aulas:
A Ubuntu-USC na aula de Dereito
Implantación da Ubuntu-USC na ETSE
Comeza o plan piloto da Ubuntu-USC na USC
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| proxectos-futuros.png | 27.32 KB |