Os últimos dez anos veñen tornando a atención do público cara un proceso global que comezou en 1983 coa iniciativa dunha persoa que foi quen de a debullar nas suas ramificacións filosóficas, éticas, técnicas e económicas ata cambiar profundamente a industria da informática e a relacción que millóns de usuarios en todo o mundo teñen cas tecnoloxías asociadas a esta. Pola profundidade e dramatismo destes cambios, o xeito en que están a se propagar mais aló dos eidos orixinais nos que foran pensados e a obrigar a que empresas, institucións gobernos e persoas se reprantexen certos aspectos da sua percepción do mundo cabe falar, en propiedade, dunha auténtica Revolución do Software Libre.
Curso da "UNIVERSIDADE DE VERÁN 2009" da Universidade de Santiago de Compostela
Datas: 14, 15, 16 e 17 de xullo de 2009
Prazo de matrícula: aberto ata o próximo 3 de xullo de 2009.
Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten automatizar unha gran cantidade de procesos industriais e domóticos. Aínda que no mercado existen múltiples alternativas, propoñemos unha introdución ás solucións baseadas en deseños libres que, ademais de ser completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e no ensino.
GALPon realizará un obradoiro avanzado da suite ofimática de OpenOffice.org na Universidade de Vigo coa colaboración de TEGNIX e a participación de Claudio F. Filho.
Nesta ocasión o obradoiro vai especialmente indicado para aquelas persoas que empregan con regularidade as ferramentas de oficina coma procesadores de texto, follas de cálculo ou presentacións pero que queren explotar ao máximo as potencialidades do programa de Software Libre con maior proxección no mercado mundial.
O prazo para a matrícula remata o día 6 de marzo, comezando xa para a seguinte semana. Os días de clase serán Luns e Mércores de 16:00h ata as 19:00h.
Máis información para a matrícula
Este novo obradoiro vén a completar os anteriores ofrecidos pola asociación a través de Extensión Universitaria no campus de Vigo onde se ofrecía un nivel básico de introdución da suite ofimática por Jose A. Fernández Troncoso e que dispuso o material de traballo na súa web.
chúzame -
GALPon realizará un obradoiro avanzado da suite ofimática de OpenOffice.org na Universidade de Vigo coa colaboración de TEGNIX e a participación de Claudio F. Filho.
Nesta ocasión o obradoiro vai especialmente indicado para aquelas persoas que empregan con regularidade as ferramentas de oficina coma procesadores de texto, follas de cálculo ou presentacións pero que queren explotar ao máximo as potencialidades do programa de Software Libre con maior proxección no mercado mundial.
O SwL non ten ‘cor’ política.
O SwL é un dereito da cidadanía, unha obriga legal e ética de implementalo e promocionalo por parte de quen nos goberne (polo tanto é imposible ser ‘neutral‘ ante ilo), un aforro económico nun sector estratéxico que ata o de agora posúe unha constante transferencia neta negativa de capitais cara o exterior, unha oportunidade de xeración de emprego endóxeno de alta calificación, unha vantaxe competitiva determinante nun mundo agresivamente competitivo en contínuo cambio, un intrumento contra a crise, unha aposta de múltiples gobernos das máis diversas cores e unha ringleira ben longa de beneficios como os feitos demostran.
Precisamente din comezo o artigo pola ausencia de ‘cor’ política que caracteriza ao SwL por mor das nosas recentes eleccións autonómicas. Unha característica na que levo facendo fincapé en cada relatorio que din dende hai anos. Unha mostra e proba dilo é a páxina 17 desta presentación na que representei a AGASOL, a Asociación GAlega de empresas de SOftware Libre). Alén doutros moitos exemplos dispoñibles, AGASOL amosa ben ás claras que o SwL é unha realidade en rápido crecemento: pouco máis dun ano de vida dende a súa fundación, 25 empresas asociadas, achegándose aos 7 millóns de euros de facturación e sobrepasando os 150 empregos.
A comunidade galega de asociacións e voluntariado sempre foi coherente cos seus obxectivos. Presionamos, criticamos, aplaudimos, berramos e até demandamos actuacións irregulares, gobernase quen gobernase. Agora, polo cambio de ‘cor’ política isto tampouco mudará. A comunidade (páxina 11 da mesma presentación), é dicir, toda persoa relacionada co SwL saberá agardar, manter a esperanza de que a lóxica e o sentido común hase impor para o ben de toda a sociedade, e tamén estar preparada para correxir as desviacións que poidan producirse. Así o fixemos e así faremos, goberne quen goberne.
Nota: Conscientemente non engadín ligazóns ao artigo porque refirireime a el con frecuencia, desglosando cada unha desas afirmacións e negretas deixadas.
chúzame -
Tomomasa Sato é un dos enxeñeiros máis prestixiosos dentro do mundo da robótica, ostentando o cargo de director da Asociación Robótica Xaponesa. Recentemente, declarou a necesidade de desenvolver un robot Modelo-T, no que se apliquen todos os estándares globais e que sexa Open Source, para lograr que sexa tan revulsivo como o foi o Modelo-T de Ford para a industria do automovil no seu día.
A idea de Tomomasa Sato é a de transportar á industria da robótica o 'boom' que supuxo a principios do século XX a saída ao mercado do Ford Model-T, que logrou popularizar a utilización dos automóbiles. A día de hoxe, o mundo da robótica está cheo de grandes corporacións loitando entre si, de forma que se impide avanzar nas cuestións crave a un ritmo suficiente como para popularizar a robótica nuns poucos anos.
Segundo o propio Sato, "o que se necesita é que se cre unha plataforma común na que calquera poida poñer a súa software para experimentar". "Isto cambiaría o mundo da robótica, que podería emular o éxito de Internet, con moitas persoas engadindo distintos softwares e aplicacións, así como probando os robots".
Sato comparte a opinión dunha gran maioría de enxeñeiros Xaponeses que, aínda que está atados a grandes corporacións, cren que o futuro está en deseñar robots que emulen unha gran variedade de funcións humanas. O traballo levará décadas, pero o efecto de abrir o campo a unha moito maior base de innovadores pode ser realmente increible.
A día de hoxe, o gran 'gap' no mundo da robótica débese á falta de 'cerebros mecánicos' capaz de dotar coa suficiente intelixencia ás excelentes obras de ingeniería que se manexan en moitas Universidades e empresas, como poida ser o Asimo de Fonda. Segundo Masato Hirose (o diseñador de Asimo), seguramente os robots non convivan connosco nas próximas décadas, pero o desenvolvemento dos computadores cuánticos capaces de procesar grandes volumes de datos con gran rapidez pode achegarnos a existencia de cerebros capaces de manexar de forma automática e adecuada a estes robots que, a día de hoxe, son pouco máis que juguetes.
Sacado de aquí.
Respondendo á impresionante demanda de Galinux, Mancomún anuncia a publicación dunha actualización que, como melloras máis destacadas, inclúe a detección de máis dispositivos de hardware e as últimas versións dos aplicativos máis populares como Firefox ou OpenOffice.A demanda de Galinux está a resultar realmente impactante: no seu primeiro trimestre de vida, máis de 15 mil CD foron distribuídos a trevés dos puntos de distribución e rexistráronse máis de 25 mil descargas dende a web.
CC0 (Creative Commons Zero) é unha ferramenta na se que estivo a traballar dende decembro de 2007 e nestes dias vén de acadar a versión 1.0.
CC0 é máis unha renuncia ca unha licenza. É un intento da Creative Commons de mellorar o sistema de dominio público facéndoo máis internacionalizable e resolvendo os problemas que se atopan para pór algunha creación baixo o dominio público.
A idea é que, no canto de licenciar a túa creación con diversas restricións, poidas renunciar aos teus dereitos tanto como sexa posible, incluídos os dereitos morais, legalmente irrenunciables na LPI (Lei da Propiedade Intelectual) como sinala o seu artigo 14. Isto déixame en dúbida sobre a súa aplicación legal no noso estado precisamente por seren irrenunciables os dereitos morais.
Daquela de seu non se trata de dominio público porén comporte teoricamente os mesmo efectos.
Para obter a renuncia CC0 tes que seguir os mesmo pasos cós que dunha licenza normal CC coa diferenza de que tes que activar o elemento clickwrap para expresamente renunciar aos teus dereitos morais.
Tes máis información no wiki de CC, na fonte e neste artigo que analiza á CC0 en profundidade.
chúzame -
É un trebello pequerrecho con SwL, endadrado na categoría plug computer, pensado para domótica ou calquera outro conxunto de servizos de rede pois ofrece abertamente as súas características para ser adaptado ou mellorado.
O SheevaPlug é unha plataforma de desenvolvemento que inclúe unha CPU a 1.2 GHz e 512 MB tanto de RAM como Flash. Conéctase á rede usando GbE (Gigabit Ethernet), ofrece rendimento de tipo escritorio e até pode substituir un servidor de tipo PC para moitas aplicacións cos periféricos conectados por USB 2.0.
O kit de desenvolvemento soporta distribucións baseadas no núcleo Linux 2.6, incluíndo o soporte específico a ports de ARM de Fedora, Ubuntu, Debian e Gentoo. Tes máis información na fonte.
Paga a pena salientar que o seu prezo é de só $100, prezo que pode ser menor se se fan pedidos masivos ou se destina ao ensino e desenvolvemento.
chúzame -
O recente premio outorgado a Microsoft, polos gobernos de Galicia, Euskadi, Catalunya e Illes Baleares, pon de manifesto o completo desprezo da Secretaría Xeral de Política Lingüística, directamente dependente de Presidencia.
A comunidade galega de Software Libre entre a que está o Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza fai público o seguinte manifesto:
"A comunidade de software libre de Galicia, incluíndo a usuari@s, programador@s e tradutor@s que a conforman, e tras o debate oportuno nas canles de comunicación que nos son propias, coincidimos unanimemente na necesidade de facer público o estupor e perplexidade que nos produce a nova feita pública, o día 23/02/09, pola Presidencia da Xunta de Galicia na que se di, literalmente:
'O premio á promoción da realidade plurilingüe consiste nunha distinción honorífica sen contido económico, e correspondeulle na súa primeira edición á empresa Microsoft, galardoada polo seu esforzo de xuntar a diversidade lingüística coas novas tecnoloxías.'
Tom Watson, deputado e ministro de participación dixital comunicou que o goberno británico apoiará o despregue de software aberto nas administracións públicas, que sempre que sexa posible 'evitarán encerrarse no software propietario'.
Watson comunicou que o software aberto 'participaría en igualdade de condicións fronte ao propietario como Windows' e que se adoptará 'cando ofreza mellor relación calidade-prezo'.
O plan de acción gobernamental contempla aplicacións ofimáticas, xestión de documentos e servidores de bases de datos, así como un conxunto de normas esenciais como a adopción de estándares abertos e a capacitación dos funcionarios.Desde as empresas proveedoras de servizos de software de código aberto apláudese a medida. Unha iniciativa que aforraría anualmente 600 millóns de libras ao contribuyente, citan.
O responsable de Sun Microsystem indicou que a postura do goberno británico forma parte de 'unha ola mundial' para a adopción do software aberto nas administracións públicas, algo que podería ter efecto tamén no consumidor 'como ocorre en moitos fogares do Reino Unido onde se utiliza habitualmente aplicacións como OpenOffice.org ou Firefox'.
Sacado de The Inquirer
A comunidade de software libre de Galicia, incluíndo a usuarios, programadores e tradutores que a conforman, e tras o debate oportuno nas canles de comunicación que nos son propias, coincidimos unanimemente na necesidade de facer público o estupor e perplexidade que nos produce a nova feita pública, o día 23/02/09, pola Presidencia da Xunta de Galicia na que se di, literalmente:
"O premio á promoción da realidade plurilingüe consiste nunha distinción honorífica sen contido económico, e correspondeulle na súa primeira edición á empresa Microsoft, galardoada polo seu esforzo de xuntar a diversidade lingüística coas novas tecnoloxías."[1]
O recente premio outorgado a Microsoft, polos gobernos de Galicia, Euskadi, Catalunya e Illes Baleares, pon de manifesto o completo desprezo da Secretaría Xeral de Política Lingüística, directamente dependente de Presidencia.
A comunidade galega fai público o seguinte manifesto:
"A comunidade de software libre de Galicia, incluíndo a usuari@s, programador@s e tradutor@s que a conforman, e tras o debate oportuno nas canles de comunicación que nos son propias, coincidimos unanimemente na necesidade de facer público o estupor e perplexidade que nos produce a nova feita pública, o día 23/02/09, pola Presidencia da Xunta de Galicia na que se di, literalmente:
"O premio á promoción da realidade plurilingüe consiste nunha distinción honorífica sen contido económico, e correspondeulle na súa primeira edición á empresa Microsoft, galardoada polo seu esforzo de xuntar a diversidade lingüística coas novas tecnoloxías."[1]
O noso estupor non procede de que o galardón se conceda a unha compañía privada, nin tampouco polo feito de que non valoremos a calidade ou esforzo do traballo realizado na adaptación ó galego dos produtos que Presidencia menciona a continuación na nova. A nosa perplexidade refírese a que non podemos comprender os motivos que levan ós gobernos balear, catalán, galego e vasco a outorgar o premio ó fomento ó plurilinguismo a unha empresa que non fomenta tal.
Microsoft é unha empresa internacional que obtivo no ano 2008 uns beneficios de 60.700 millóns de dolares e que ben puidera ter pagado por si mesma a tradución completa dos seus produtos ó catalán, éuscaro e galego, que en conxunto suman uns nada desestimables 14 millóns de persosas, un terzo da poboación española. Porén, as traducións dos seus produtos foron feitas por mediación dos gobernos locais, en determinados casos con aportacións directas ou ben con outro tipo de incentivos, cando xa só en concepto de licenzas Microsoft está a percibir millóns de euros anualmente desas mesmas administracións gubernamentais. Caso máis importante é que no caso de traducións de produtos de Microsoft que foron financiadas de xeito público os recursos lingüísticos xerados durante a tradución, que son de enorme valor, non foron postos a disposición pública. Tamén, as traducións de Microsoft Windows XP, Vista ou Office son traducións parciais e non inclúen a axuda, instalación ou outros elementos localizables. Para o catalán, éuscaro e galego, están concebidas como traducións subordinadas do español ou do francés no caso catalán; así que o usuario non ten libertade absoluta para instalar o soporte da súa lingua pois esíxeselle que teña determinadas versións dos produtos Microsoft Windows e Office da versión española ou francesa.
Que Microsoft traduza e ofreza servizos nas linguas propias destas comunidades non repercute máis ca no propio beneficio da empresa que atendendo ás necesidades lingüísticas dos seus usuarios, especialmente de tres do máis importantes, as populosas administracións dos gobernos balear, catalán, galego e vasco coas súas respectivas institucións locais, consegue afianzarse, ó teren xa produtos coñecidos e que ostentan monopolios, neste sector de mercado co efecto colateral de inhibir outras alternativas libres que xa dispoñen destes servizos (tradución das interfaces gráficas e correctores ortográficos ou gramaticais) a un custo nulo.
Así mesmo, a comunidade de tradución ó galego de software libre, síntese dalgunha maneira agraviada pola concesión do galardón así como seguramente se sintan as comunidade de tradutores de software libre do éuscaro e catalán, cos que nos sentimos identificados e apoiamos nesta mesma causa. De xeito similar ó que acontece nas outras comunidades mencionadas, en Galicia lévase máis de dez anos traducindo software libre ó galego de xeito anónimo, altruísta e comprometido. Neste tempo a nosa comunidade conseguiu acadar, por exemplo, a tradución completa dos ambientes de escritorio GNOME e KDE, as distribución Debian ou Ubuntu entre outras, o entorno ofimático OpenOffice e a suite Mozilla, os cales son todos proxectos que requiren un esforzo humano colosal. No seu conxunto, os produtos actualmente traducidos constitúen unha alternativa libre, carente de custo, ós produtos da empresa galardoada. Ademais, se falamos de soporte lingüístico, cremos que só o software libre ofrece igualdade de oportunidade e facilidades a tódalas linguas e para comprobar que é así non máis ca botar unha ollada ó que o software libre chega. Como exemplos, o ambiente de escritorio KDE tradúcese a un total de 103 linguas diferentes e GNOME a 110 linguas e as tradución non só se limitan ás maioritarias coma o Chinés ou o Ruso senón que permite a tradución a calquera lingua, poñase por caso o gaélico, o frisón ou o feroés, todas linguas minoritarias, pois o software libre pode ser traducido libremente por calquera que o desexe. En contraposición a isto, as linguas minoritarias non teñen interese económico para empresas como Microsoft así que a efectos del ocalización son ignoradas por completo. Nin sequera se facilita a súa tradución dun xeito externo á empresa como fai, por exemplo, Google con algún dos seus produtos.
Finalmente, a Consellería de Industria da man de Mancomun.org, nos últimos anos veu apoiando o software libre e a tradución ó galego dun xeito decidido e comprometido e expresión deste apoio son o plano PEGSI [2] e os encontros de tradutores G11N [3] así como que se conseguiran determinadas traducións, coma OpenOffice ou Mozilla. En conxunto, valoramos estes esforzos coma positivos. Por iso, ademais de polos motivos anteriores, apreciamos a concesión do galardón, a suxestión da Secretaría Xeral de Política lingüística, coma un xiro no Goberno na dirección oposta e incorrecta. Porén, confiamos e desexamos que a política futura do goberno galego avance apoiándose no software libre e erradicando manifestacións gratuitas e incoherentes coma esta.
[1] http://novas.xunta.es/node/14062
[2] http://www.sociedadedainformacion.eu/pegsi/presentacion.html
[3] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n
En tempos de crise e até recesión, calquera medida adoptada para reducir gastos é benvida. Sobre todo se é a gran escala e no sector tecnolóxico, onde existen varios xeitos para realizar unha mesma tarefa.
Un estudo recente, publicado no sitio MeriTalk.com e realizado en conxunto con Red Hat e DLT Solutions, analizou o orzamento de 30 axencias federais estadounidenses e concluíu que en tres anos o aforro pode ser de 3,7 mil millóns de dólares co uso de software FLOSS (Free/Libre & Open Source Software), o que abondaría para mercar un smartphone e un notebook novo a cada traballador. Así de rotunda é a fonte desta información, á súa vez apuntando cara estoutra.
Outras prácticas que axudarían a aforrar algúns cartos son a virtualización (13,3 mil millóns de dólares) e o cloud computing (computación en nube), o software-como-un-servizo, nomeadamente SaaS (6,6 mil millóns).
Segundo o estudo dispoñible en PDF, o concepto de “computación en nube” rexeitado polo propio Richard Stallman diminuiría a compra de novos softwares e hardwares, o software de código aberto substituiría ao software privativo e a virtualización permitiría aforrar en servidores.
chúzame -
Estaba hoxe a responder dende a Oficina de Software Libre da USC a un correo onde nos preguntaban información sobre cómo liberar un disco baixo dunha licenza Creative Commons, e decateime de que o proxecto dun meu amigo, Uxío, ben podería ser de interese para os que nos movemos na Cultura Ceibe.
O blogue chámase C'mmons Baby!, e é a base para un podcast regular de música baixo licenzas CC que ademais se condensa nun programa de radio. Ademais da música en sí mesma, que se pode descargar coma cápsulas de 25-30 minutos, tamén se poden descargar do blogue as escolmas C'mmons Baby!
Finalmente, os que andedes pola mala vida de Santiago de Compostela seguramente teñades visto por algures xa as crachas e outro merchandising do CB.
Bespin é o novo proxecto que sae dos Mozilla Labs, un editor de código online. É dicir, un editor que nos permite editar código para a web desde a web. O obxectivo é crear un proxecto aberto e extensible, que permita ser modificado polos usuarios e adaptalo ao seu xeito de traballar.
[Leiamos en GenBeta] De momento, o que lanzaron é unha versión de demostración, na que temos un pequeno xestor de proxectos, onde podemos dispoñer de múltiples ficheros e editalos desde a interfaz da aplicación. Esta é moi similar á dunha aplicación de escritorio e ten un rendemento excelente.
Malia funcionar desde o navegador e estar desenvolvido en Javascript, Bespin é capaz de traballar con ficheros con miles de liñas de código. Para iso, han implementado o compoñente de edición de texto desde cero, basandose en Canvas, un elemento que implementan as últimas versións da maioría de navegadores.
Esta primeira versión de Bespin inclúe coloreado de sintaxis, previsualización de ficheros e importación e exportación de proxectos, ademais dunha linea de comandos ao estilo Ubiquity. Nun futuro quérese integrar un sistema de edición colaborativa, que permita a varios usuarios traballar ao mesmo tempo nun fichero, así como facelos extensible a través dunha API.
Sacado de: LinuxParty
Leo en Nosa Terra edición dixital:
http://www.anosaterra.org/nova/premiado-o-esforzo-plurilinguumle-de-microsoft.html
A prol do galego, éuscaro e catalán
Premiado o 'esforzo' plurilingüe de Microsoft.
As institucións responsábeis da política lingüística de Galicia, Cataluña, País Vasco e Islas Baleares, anunciaron hoxe a concesión do I Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado español á empresa Microsoft, pola creación de produtos de software en distintas linguas.
Despois de casi seis meses entre nós Claudio fala do proxecto BrOffice.org e de algunhas outras cousas ben interesantes:
"no momento que existe um governo preocupado pelas TIC a migração é possíbel"
Seguimos no camiño de unificación dentro das distintas partes do sistema, desta vez lle toca ó sistema de notificacións do sistema. Moita xente dalle pouca importancia a estes pasiños pero o usuario "non técnico" agradeceo enormemente. Liamos fai pouco no blogue de Mark Shuttleworth que un novo sistema de notificacións do sistema chegara a tempo para a nova release de Ubuntu Jaunty Jackalope.
Se ollamos ven o sistema se semella enormemente a Growl, o sistema third-party para Mac OS X, e baixo o meu punto de vista é un grande acerto. Espero que ofreza unha forma sinxela de integrar aplicacions co novo notificador, como o ofrece o seu homólogo maquero.
Se queredes probalo nos vosos sistemas Ubuntu non tedes máis que seguir os pasos de Alex Rybicki no seu blogue.
Diferente consideración teñen os 3 maiores partidos políticos en Galicia no que se refire á presencia do Software Libre nas Tecnoloxías da Información.
Neste artigo imos facer un breve estudo do que representa o Software Libre nos programas electorais das 3 forzas políticas máis importantes en Galicia. A orde escollida é o número de deputados/as obtidos/as nas anteriores eleccións.