Deseño e autoedición con software libre

Logotipos, revistas, libros e retoque fotográfico

Tres venres pola tarde, obradoiros prácticos de deseño con varias ferramentas de software libre no marco da Universidade de Verán da USC.

2, 9 e 16 de setembro
Polas tardes. 15 horas.

Rompendo co mito habitual que presenta ao software libre como unha ferramenta útil para enxeñeiros e programadores, este curso achega as ferramentas existentes hoxe en día para os procesos de creación gráfica (logótipos, ilustracións, deseño de imaxes corporativas) e autoedición (libros, revistas, folletos...).

Impartido por profesionais con anos de experiencia no sector, presentará de xeito obxectivo as virtudes e defectos dos aplicativos existentes, e guiará aos participantes polos primeiros pasos nas mais destacadas destas ferramentas:

  • GIMP: retoque fotográfico
  • Inkscape: deseño vectorial
  • Scribus: autoedición e diagramación
  • O estado real da autoedición con software libre
  • Outros recursos e perspetivas de futuro

Advertencia: O programa está pechado salvo cambios de última hora. As sesións terán lugar os venres pola tarde de 16:00 a 21:00 na aulas de informática da ETSE no Departamento de Electrónica e Computación, no Monte da Condesa.

1º Venres (2 de Setembro do 2011)

Avatar

Introdución ao tratamento de imaxes co GIMP
Impartida por: Denís Fernández Cabrera

  • Conceptos básicos dos mapas de bits
  • Interface
  • Desfacer, e o que non se pode desfacer
  • Solucións rápidas para problemas frecuentes
  • Tipos de imaxes
  • Preparando imaxes para o web
  • Pintar co GIMP
  • Seleccións
  • Capas
  • Textos e tipografías
  • Brochas
  • Xestión da cor

2º Venres (9 de Setembro do 2011)

Avatar

Introdución ao deseño gráfico co Inkscape
Impartida por: Denís Fernández Cabrera

  • Conceptos básicos dos gráficos vectores
  • Interface
  • Formas básicas
  • Creación e deseños libres
  • Inserir imaxes
  • Crear un logotipo
  • Crear un folleto informativo
  • Xestión de cor
  • Formatos finais – exportar

3º Venres (16 de Setembro do 2011)

Avatar

Introdución á autoedición co Scribus
Impartida por: Tomás González Ahola

  • Conceptos básicos
  • Interface
  • Ferramentas básicas
  • Creación dun libro básico
  • Propiedades avanzadas
  • Xestión da cor
  • Formatos finais - PDF

O curso Deseño e autoedición con Software Libre celebrarase na Universidade de Santiago de Compostela, concretamente nas aulas de informática da ETSE, situadas no Departamento de Electrónica e Computación, no Monte da Condesa. O seguinte mapa amosa a situación das aulas do curso.

Mapa da situación das aulas

Grazas! O teu contacto foi enviado.

Se tes calquera consulta ou calquera comentario escríbeo debaixo e responderémosche coa maior brevidade posible.

(Requirido)
(Requirido)
Enviando...

FORMALIZACIóN DA MATRíCULA

A matrícula poderá formalizarse de tres maneiras:

  1. Por internet
  2. Presencial
  3. Por correo ordinario

1. Por internet

A persoa interesada premerá a ligazón "MATRICúLATE" e seguirá as instrucións.

Terá cinco días naturais para realizar o pagamento, en caso contrario a inscrición quedará anulada. En todo caso, deberase remitir copia do resgardo do pagamento selado pola entidade bancaria ao fax nº 881 811208, escaneado ao enderezo electrónico cursosdeveran@usc.es ou presentalo persoalmente en calquera dos dous centros de matriculación da Universidade de Verán (Santiago ou Lugo).

2. Presencial

A persoa interesada dirixirase a un dos dous centros de matriculación de Cursos de Verán. Logo de comprobar se hai prazas no curso ou cursos nos que se quere matricular e de formalizar os seus datos persoais, daráselle unha folla de liquidación con dous impresos (unha para o interesado e outra para a entidade bancaria) para realizar o pagamento da taxa en calquera oficina das entidades bancarias colaboradoras (Novacaixagalicia, La Caixa, Caixa Rural Galega e Banco Santander). Terá cinco días naturais para realizar o pagamento, en caso contrario a inscrición quedará anulada.

En calquera dos casos (sexa un curso con límite de prazas ou non), deberase remitir copia do resgardo do pagamento selado pola entidade bancaria ao fax nº 881 811208, escaneado ao enderezo electrónico cursosdeveran@usc.es ou presentalo persoalmente en calquera dos dous centros de matriculación da Universidade de Verán (Santiago ou Lugo).

Documentación que hai que presentar:

  • Membros da comunidade universitaria da USC (estudantes, profesores ou PAS): nº de DNI
  • estudantes doutras universidades: orixinal ou fotocopia da folla de liquidación de taxas de matrícula no curso 2010-11 ou da de exención de taxas, da credencial de bolseiro de investigación ou do certificado do departamento de estar a realizar un mínimo de 20 horas semanais de traballo de investigación
  • Persoas en paro: orixinal ou fotocopia do cartón de desemprego

3. Por correo ordinario

No caso de imposibilidade de formalizar a matrícula en persoa ou por internet, poderase facer por correo. Para isto, é preciso poñerse en contacto telefónico cunha das dúas secretarías de Cursos de Verán, onde se lle informará do procedemento a seguir.

CENTROS DE MATRICULACIóN E INFORMACIóN

Campus de Compostela:

Secretaría da Universidade de Verán
Vicerreitoría de Extensión Universitaria
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro s/n
Teléfono 881 811018 e 881 811103
Fax nº 881 811208

Campus de Lugo:

Secretaría da Universidade de Verán
Área de Cultura do Campus de Lugo
Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade
Teléfono 982 821513
Fax nº 982 821506