O Software Libre e a Lingüística

Do 21 ao 24 de setembro, ciclo de conferencias sobre o Software Libre dentro do mundo da lingüística no marco da Universidade de Verán da USC.

21 ó 24
setembro

Curso da Universidade de Verán

  • O Software Libre e a Lingüística (LINGUA 09)
  • Lugar: Na aula 7 da facultade de Filoloxía
  • Nº de horas lectivas: 16
  • Organiza: A Oficina de Software Libre
  • Director: Enrique Estévez Fernández
  • Secretario: Denís Fernández Cabrera

Este seminario, enmarcado no programa de cursos de verán da USC, ten como principal obxectivo expoñerlles aos asistentes unha visión xeral da interelación entre o software libre e informática xeral coa investigación filolóxica e lingüistica, tanto no análise de datos como nas canles creadas neste eido e os mecanismos de traballo asociados.

Segundo isto, as conferencias serán exposicións teóricas que abranguerán os diferentes aspectos e axentes implicados, sendo impartidas por recoñecidos referentes profesionais das múltiples áreas- empresas, universidades e asociacións.

O curso está dirixido a un público xeralista se ben será de especial interese a aquelas persoas que académica ou persoalmente están ligadas a proxectos de tradución e investigación lingüística, podendo asistir tanto alumnado e persoal da universidade como persoas externas á universidade.

Os/as asistentes a cursos de verán terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia.

Os/as estudantes da USC recibirán, ademais o certificado por 1 créditos de libre configuración. para o que é requisito a asistencia regular, cando menos, ao 80% das horas lectivas

PRAZO e IMPORTE da MATRíCULA

A inscrición poderáse facer en liña a partires do 25 de maio ou presencialmente a partires do 15 de maio.

A data límite de inscrición é o 11 de setembro

NON SERá POSIBLE MATRICULARSE FóRA DO PRAZO.

Informacións das normas reguladoras da universidade de verán na seguinte ligazón: uveran09.

Os importes da matrícula distinguiránse en duas seccións:

Taxa xeral: 70 €*

Taxa reducida: 40 €*2

* - Todas as persoas que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio da USC (as persoas que non teñan realizado matrícula na USC no curso académico 2008-09 ou ben aquelas persoas que, sendo alumnos/as da USC neste curso 2008/09 e sendo maiores de 28 anos, non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula), deben subscribir, a parte da matrícula, o seguro obrigatorio de 9,45 €. A formalización desta póliza farase no momento de realizar a matrícula.

*2 - Aplicable a estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC, cursos de 30 ou menos horas lectivas

*3 - En ningún caso será posible a devolución de taxas unha vez realizada a matrícula, agás pola suspensión do curso. Un curso suspenderase se non acada 30 estudantes inscritos/as; nestes casos a USC devolve só o importe da taxa pagada.

Aviso: Nos vindeiros días subiránse aquí o material dos relatorios. Polo momento poden desfrutar de algunhas delas

Luns (21 de Setembro do 2009)

Avatar xenerico

O Software Libre coma ferramenta de normalización lingüística nas linguas minorizadas
Impartida por: Miguel Branco Vázquez

Membro do proxecto Trasno, participante activo do grupo de traballo G11N e membro da comunidade galega de tradución de Software Libre.

Avatar xenerico

Clase maxistral: experiencias na tradución de contornos de usuario: KDE4
Impartida por: Marce Villarino

Membro do proxecto Trasno, participante activo do grupo de traballo G11N e membro da comunidade galega de tradución de Software Libre.

Avatar xenerico

Tradución automatizada (TA)
Impartida por: José Ramom Pichel

Avatar xenerico

Tradución asistida por ordenador (TAC)
Impartida por: Francisco Diéguez

Técnico da Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela e membro da comunidade galega de tradución de Software Libre.

Martes (22 de Setembro do 2009)

Avatar xenerico

As empresas galegas na localización do Software Libre
Impartida por: Xabier Xeixo

Socio de Tagen Ata, cooperativa galega que se dedica á tradución de software libre ao galego e membro da comunidade galega de tradución de Software Libre.

Avatar xenerico

Software existente: correctores ortográficos, analizadores sintácticos, dicionarios, glosarios, correctores estilísticos, sinónimos, gramaticais
Impartida por: Antón Gómez Méixome

Lingüista no proxecto Mancomun – o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia. Membro da comunidade galega de tradución de Software Libre.

Mércores (23 de Setembro do 2009)

Avatar xenerico

Software Libre e a lingua: recursos e máis información
Impartida por: Susana Sotelo Docío

Membro do grupo de Gramática do Español, Departamento de Lingua Española, Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Avatar xenerico

Software libre na USC para o procesamento da linguaxe natural
Impartida por: Pablo Gamallo

Membro do grupo de Gramática do Español, Departamento de Lingua Española, Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Avatar xenerico

Utilización de Ferramentas GIS na Xeografía Lingüística
Impartida por: Ana Isabel Suárez e César Osorio

Investigadores do Instituto de Lingua Galega e estudantes da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, especializados en ferramentas GIS (Sistemas de Información Xeográfica).

Xoves (24 de Setembro do 2009)

Avatar xenerico

Bases de datos lingüísticas, deseño, creación e xestión; tesouros, extracción e xestión de terminoloxía
Impartida por: Miguel Solla

Avatar xeneric0

Dixitalización, edición e codificación de documentos
Impartida por: Ángeles S. Places

Coordinadora do equipo informático da Biblioteca Virtual Galega.

Avatar xenerico

E-learning de linguas
Impartida por: María José Rodríguez Malmierca

Responsable da área de “e-learning” do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

O curso Software Libre e a Lingüística celebrarase na Universidade de Santiago de Compostela, concretamente na Facultade de Filoloxía, na aula 7. O seguinte mapa amosa a situación de dita facultade.

Mapa da situación da facultade

Grazas! O teu contacto foi enviado.

Se tes calqueira consulta ou calquer comentario escríbeo debaixo e responderémosche coa maior brevidade posible.

(Requirido)
(Requirido)
Enviando...

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

A matrícula poderá formalizarse de tres maneiras:

  1. Por internet
  2. Presencial
  3. Por correo ordinario

1. Por internet

A persoa interesada premerá a ligazón "MATRICÚLATE" e seguirá as instrucións.

2. Presencial

A persoa interesada dirixirase a un dos dous centros de matriculación de Cursos de Verán. Logo de comprobar se hai prazas no curso ou cursos nos que se quere matricular e de formalizar os seus datos persoais, daráselle unha folla de liquidación con dous impresos (unha para o interesado e outra para a entidade bancaria) para realizar o pago da taxa en calquera oficina de Caixa Galicia. No momento en que se efectúe o pago, a matrícula quedará automaticamente activada. Se se trata dun curso con límite de prazas, terá tres días hábiles para realizar o pago e remitir resgardo do pagamento ao fax nº 981 585255; en caso contrario a preinscrición quedará anulada.

Documentación que hai que presentar:

  • Membros da comunidade universitaria da USC (estudantes, profesores ou PAS): nº de DNI
  • Estudantes doutras universidades: orixinal ou fotocopia da folla de liquidación de taxas de matrícula no curso 2008-09 ou da de exención de taxas, da credencial de bolseiro de investigación ou do certificado do departamento de estar a realizar un mínimo de 20 horas semanais de traballo de investigación
  • Persoas en paro: orixinal ou fotocopia do cartón de desemprego

3. Por correo ordinario

No caso de imposibilidade de formalizar a matrícula en persoa ou por internet, poderase facer por correo. Para isto, é preciso poñerse en contacto telefónico cunha das dúas secretarías de Cursos de Verán, onde se lle informará do procedemento a seguir.

CENTROS DE MATRICULACIÓN E INFORMACIÓN

Campus de Compostela:

Secretaría dos Cursos de Verán
Vicerreitoría de Cultura
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro s/n
981 563100, extensións 11018 e 11103
Fax nº 981 585255

Campus de Lugo:

Secretaría dos Cursos de Verán
Área de Cultura do Campus de Lugo
Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade
982 285900, extensión 21513
Fax nº 982 285914