Do 20 ao 24 Xullo, ciclo de conferencias sobre a filosofía, historia, tecnoloxía e economía do Software Libre no marco da Universidade de Verán da USC.
Este seminario, enmarcado no programa de cursos de verán da USC, ten como principal obxectivo expoñerlles aos asistentes a historia dos cambios que nos últimos dez anos foron revolucionando a industria da informática e a da súa relación cos usuarios destas tecnoloxías.
Segundo isto, as conferencias serán exposicións teóricas que abranguerán os diferentes aspectos e axentes implicados nesta revolución, sendo impartidas por recoñecidos referentes profesionais e filosóficos das múltiples áreas- Administracións, empresas, universidades, asociacións.
O curso está dirixido a un público xeralista podendo asistir tanto alumnado e persoal da universidade como persoas externas á universidade, coa vontade de amosar o xeito en que o software libre afecta a toda a sociedade.
Os/as asistentes a cursos de verán terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia.
Os/as estudantes da USC recibirán, ademais o certificado por 2 créditos de libre configuración. para o que é requisito a asistencia regular, cando menos, ao 80% das horas lectivas
PRAZO e IMPORTE da MATRíCULA
A inscrición poderáse facer en liña a partires do 25 de maio ou presencialmente a partires do 15 de maio.
A data límite de inscrición é o 10 de xullo
NON SERá POSIBLE MATRICULARSE FóRA DO PRAZO.
Informacións das normas reguladoras da universidade de verán na seguinte ligazón: uveran09.
Os importes da matrícula distinguiránse en duas seccións:
Taxa xeral: 120 €*
Taxa reducida: 70 €*2
* - Todas as persoas que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio da USC (as persoas que non teñan realizado matrícula na USC no curso académico 2008-09 ou ben aquelas persoas que, sendo alumnos/as da USC neste curso 2008/09 e sendo maiores de 28 anos, non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula), deben subscribir, a parte da matrícula, o seguro obrigatorio de 9,45 €. A formalización desta póliza farase no momento de realizar a matrícula.
*2 - Aplicable a estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC, cursos de 30 ou máis horas lectivas
En ningún caso será posible a devolución de taxas unha vez realizada a matrícula, agás pola suspensión do curso. Un curso suspenderase se non acada 30 estudantes inscritos/as; nestes casos a USC devolve só o importe da taxa pagada.
Advertencia:. Este programa está sen pechar, en consecuencia, está suxeito a cambios. Os horarios exactos están por confirmar, pero o horario preliminar do curso será de luns a xoves, de 9:30 a 14:00 e de 16 a 18, e o venres de 9:30 a 14:00.
![]()
Introdución ao Software Libre
Impartida por: Jesús María González Barahona
![]()
Aspectos legais
Impartida por: Gregorio Robles
![]()
Metodoloxía de traballo e a comunidade
Impartida por: Israel Herraiz
![]()
Software Libre na administración
Impartida por: Antonio Pérez Casas
![]()
Experiencias noutras comunidades autónomas
Impartida por: Rodrigo Salvador de la Concha
![]()
Experiencias noutras comunidades autónomas
Impartida por: Mario Izquierdo
![]()
Software Libre no ensino
Impartida por: Juan Rafael Fernández
![]()
Modelo de negocio, o Software Libre na empresa
Impartida por: Roberto Brenlla
![]()
As empresas de Software Libre en España
Impartida por: Daniel Armendáriz
![]()
O Software Libre na empresa galega
Impartida por: Roberto Brenlla
![]()
Igalia, empresa de Software Libre en Galiza
Impartida por: Xabier Castaño
![]()
Proxectos de Software Libre máis relevantes
Impartida por: Israel Herraiz
![]()
Sun Microsystems e os seus proxectos libres
Impartida por: Representantes de Sun en España
![]()
Máis que Software Libre
Impartida por: Denís Fernández Cabrera
![]()
Mesa Redonda
Estará composta por distintos poñentes que participaron ao longo do curso e debaterase sobre diferentes aspectos do Software Libre. Terá dúas partes ben diferenciadas.
Mesa redonda moderada: no cal cunha serie de preguntas preparadas tentarase debater cos compoñentes da mesa, con quenda de preguntas finais por parte dos asistentes.
Mesa redonda aberta: no cal a organización da mesa é totalmente aberta e en mans dos asistentes, os cales mediante preguntas e ou debate crearán un fluxo de información entre eles mesmos e os compoñentes da mesa redonda.
O curso A revolución do Software Libre celebrarase na Universidade de Santiago de Compostela, concretamente na Facultade de Xeografía e Historia, na aula 10. O seguinte mapa amosa a situación de dita facultade.
Grazas! O teu contacto foi enviado.
Se tes calquera consulta ou calquera comentario escríbeo debaixo e responderémosche coa maior brevidade posible.
FORMALIZACIóN DA MATRíCULA
A matrícula poderá formalizarse de tres maneiras:
1. Por internet
A persoa interesada premerá a ligazón "MATRICúLATE" e seguirá as instrucións.
2. Presencial
A persoa interesada dirixirase a un dos dous centros de matriculación de Cursos de Verán. Logo de comprobar se hai prazas no curso ou cursos nos que se quere matricular e de formalizar os seus datos persoais, daráselle unha folla de liquidación con dous impresos (unha para o interesado e outra para a entidade bancaria) para realizar o pago da taxa en calquera oficina de Caixa Galicia. No momento en que se efectúe o pago, a matrícula quedará automaticamente activada. Se se trata dun curso con límite de prazas, terá tres días hábiles para realizar o pago e remitir resgardo do pagamento ao fax nº 981 585255; en caso contrario a preinscrición quedará anulada.
Documentación que hai que presentar:
3. Por correo ordinario
No caso de imposibilidade de formalizar a matrícula en persoa ou por internet, poderase facer por correo. Para isto, é preciso poñerse en contacto telefónico cunha das dúas secretarías de Cursos de Verán, onde se lle informará do procedemento a seguir.
CENTROS DE MATRICULACIóN E INFORMACIóN
Campus de Compostela:
Secretaría dos Cursos de VeránCampus de Lugo:
Secretaría dos Cursos de Verán