Introdución a Ubuntu GNU/Linux

Do 27 ao 31 de Xullo, curso de Introdución a Ubuntu GNU/Linux no contexto da Universidade de Verán da USC.

27 ó 31
de xullo

Curso da Universidade de Verán

  • Introdución a Ubuntu GNU/Linux (UBUNTU 09)
  • Lugar: Nas aulas I1 e I2 da Escola Técnica Superior de Enxeñería
  • Nº de horas lectivas: 31
  • Organiza: A Oficina de Software Libre
  • Director: Tomás Fernández Pena
  • Secretario: Enrique Estévez Fernández
  • Límite de alumnos: 60

Ubuntu GNU/Linux é un dos mais populares sistemas operantes baseados en Software Libre, centrado na liberdade do usuario para empregar copiar e modificar os programas de ordenador como precise.

Este seminario, enmarcado no programa de cursos de verán da USC, ten como principal obxectivo impartir unha introdución a Ubuntu ca finalidade de achegar este sistema aos usuarios noveis e básicos que busquen unha visión de conxunto de cómo funciona o sistema e aprender cómo aproveitar mellor as suas posibilidades -- todo dende o punto de vista do usuario non-técnico.

O curso está dirixido a un público xeralista, podendo asistir tanto alumnado e persoal da universidade como persoal externo á mesma.

Os/as asistentes a cursos de verán terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia.

Os/as estudantes da USC recibirán, ademais o certificado por 2 créditos de libre configuración. para o que é requisito a asistencia regular, cando menos, ao 80% das horas lectivas

PRAZO e IMPORTE da MATRíCULA

A inscrición poderáse facer en liña a partires do 25 de maio ou presencialmente a partires do 15 de maio.

A data límite de inscrición é o 17 de xullo

NON SERá POSIBLE MATRICULARSE FóRA DO PRAZO.

Informacións das normas reguladoras da universidade de verán na seguinte ligazón: uveran09.

Os importes da matrícula distinguiránse en duas seccións:

Taxa xeral: 120 €*

Taxa reducida: 70 €*2

* - Todas as persoas que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio da USC (as persoas que non teñan realizado matrícula na USC no curso académico 2008-09 ou ben aquelas persoas que, sendo alumnos/as da USC neste curso 2008/09 e sendo maiores de 28 anos, non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula), deben subscribir, a parte da matrícula, o seguro obrigatorio de 9,45 €. A formalización desta póliza farase no momento de realizar a matrícula.

*2 - Aplicable a estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC, cursos de 30 ou máis horas lectivas

En ningún caso será posible a devolución de taxas unha vez realizada a matrícula, agás pola suspensión do curso. Un curso suspenderase se non acada 30 estudantes inscritos/as; nestes casos a USC devolve só o importe da taxa pagada.

Advertencia: Este programa está sen pechar, en consecuencia, está suxeito a cambios. Os horarios exactos están por confirmar, pero o horario preliminar do curso será de luns a xoves, de 9:30 a 14:00 e de 16 a 18, e o venres de 9:30 a 14:00.

Luns (27 de Xullo do 2009)

Avatar

Probar e instalar a distribución GNU/Linux Ubuntu
Impartida por: Martín Vázquez

  • Como instalar un arrinque dual
  • Como instalar para arrinque único
  • Particionamento de disco
  • Sistemas de ficheiros
  • Probar cd-vivos

Martes (28 de Xullo do 2009)

Avatar

Contornos de escritorio e as copias de seguridade
Impartida por: Fran Diéguez

  • Tarefas habituais: montar e desmontar dispositivos, escritorios virtuais, manexo do nautilus, como comprimir e descomprimir, ficheiros, como gravar cederróns
  • Como facer copias de seguridade

Mércores (29 de Xullo do 2009)

Avatar

Aplicacións de uso xeral e outras configuracións
Impartida por: Denís Fernández

  • Firefox
  • Evolution
  • Rythmbox
  • Empathy
  • Totem/VLC
  • Idioma: configuración de idioma no sistema, modos de entrada, codificación do sistema de ficheiros, os pacotes de software traducidos por Mancomun

Xoves (30 de Xullo do 2009)

Avatar

Instalar/desinstalar programas e a comunidade
Impartida por: Enrique Estévez

  • Instalar e eliminar paquetes de software: como buscar software novo, como instalar un pacote individual, como instalar programas que non sexan pacotes
  • Wine - aplicacións de Windows
  • Cando o software libre non é dabondo: aplicacións privativas, códecs, controladores de dispositivo
  • The GNU/Linux way: a comunidade e a axuda entre usuarios -lugs, como atopar documentación e axuda, os grupos de usuarios de GNU/Linux de Galiza
  • Probar cd-vivos

Venres (31 de Xullo do 2009)

Avatar

Breve introdución a outras aplicacións e boas prácticas
Impartida por: Oscar Casal

  • As posibilidades do GNU/Linux: ofimática, vídeo, deseño e maquetación, tratamento e análise de datos, programación e desenvolvemento, xogos, ...
  • Boas prácticas nas tarefas diarias
  • Estándares

O curso Introdución a Ubuntu GNU/Linux celebrarase na Universidade de Santiago de Compostela, concretamente na Escola Técnica de Enxeñería Superior, nas aulas I1 e I2. O seguinte mapa amosa a situación de dita facultade.

Mapa da situación da facultade

Grazas! O teu contacto foi enviado.

Se tes calqueira consulta ou calquer comentario escríbeo debaixo e responderémosche coa maior brevidade posible.

(Requirido)
(Requirido)
Enviando...

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

A matrícula poderá formalizarse de tres maneiras:

  1. Por internet
  2. Presencial
  3. Por correo ordinario

1. Por internet

A persoa interesada premerá a ligazón "MATRICÚLATE" e seguirá as instrucións.

2. Presencial

A persoa interesada dirixirase a un dos dous centros de matriculación de Cursos de Verán. Logo de comprobar se hai prazas no curso ou cursos nos que se quere matricular e de formalizar os seus datos persoais, daráselle unha folla de liquidación con dous impresos (unha para o interesado e outra para a entidade bancaria) para realizar o pago da taxa en calquera oficina de Caixa Galicia. No momento en que se efectúe o pago, a matrícula quedará automaticamente activada. Se se trata dun curso con límite de prazas, terá tres días hábiles para realizar o pago e remitir resgardo do pagamento ao fax nº 981 585255; en caso contrario a preinscrición quedará anulada.

Documentación que hai que presentar:

  • Membros da comunidade universitaria da USC (estudantes, profesores ou PAS): nº de DNI
  • Estudantes doutras universidades: orixinal ou fotocopia da folla de liquidación de taxas de matrícula no curso 2008-09 ou da de exención de taxas, da credencial de bolseiro de investigación ou do certificado do departamento de estar a realizar un mínimo de 20 horas semanais de traballo de investigación
  • Persoas en paro: orixinal ou fotocopia do cartón de desemprego

3. Por correo ordinario

No caso de imposibilidade de formalizar a matrícula en persoa ou por internet, poderase facer por correo. Para isto, é preciso poñerse en contacto telefónico cunha das dúas secretarías de Cursos de Verán, onde se lle informará do procedemento a seguir.

CENTROS DE MATRICULACIÓN E INFORMACIÓN

Campus de Compostela:

Secretaría dos Cursos de Verán
Vicerreitoría de Cultura
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro s/n
981 563100, extensións 11018 e 11103
Fax nº 981 585255

Campus de Lugo:

Secretaría dos Cursos de Verán
Área de Cultura do Campus de Lugo
Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade
982 285900, extensión 21513
Fax nº 982 285914