Do 18 ao 22 Xullo, curso práctico sobre o manexo diario de Ubuntu, o sistema operativo da Universidade de Santiago de Compostela e do Proxecto Abalar.

Traballo diario con Ubuntu

O sistema operativo libre da USC e do proxecto Abalar"

  • Lugar: Nas aulas da ETSE no Monte da Condesa
  • Nº de horas lectivas: 20
  • Organiza: A Oficina de Software Libre
  • Director: Tomás Fernández Pena
  • Límite de alumnos: 50

OBXECTIVOS

O obxectivo deste curso é introducir aos participantes de xeito metódico e exhaustivo nos detalles do funcionamento do GNU/Linux dende o punto de vista do usuario medio, como contraposición aos usuarios avanzados. Búscase amosar que o GNU/Linux está “listo para o escritorio”, derrubando o mito de que é un sistema soamente para informáticos.

Porase énfase en que os participantes rematen o curso cos coñecementos necesarios para poder facer con Software Libre as mesmas tarefas que veñen realizando habitualmente noutras plataformas, para deste xeito axudar a aqueles que se atopen en proceso de migración.

PÚBLICO

Este seminario está aberto ao público en xeral, pero será de moita utilidade para os alumnos e ex-alumnos da USC que no futuro aspiren a ser profesores en primaria e secundaria na comunidade galega xa que o proxecto Abalar emprega unha variante deste sistema operativo. Asemade tamén é un seminario interesante para os profesores que participan ou participarán no proxecto Abalar.

Recoméndase especialmente para os usuarios que veñan de se iniciar nos sistemas GNU/Linux ou que están pensando en faceren unha migración ao mesmo. O curso non require de coñecementos previos xa que se parte de cero.

PRAZO e IMPORTE da MATRíCULA

A inscrición poderáse facer en liña a partires do 30 de maio ou presencialmente a partires do 20 de xuño.

A data límite de inscrición é o 8 de xullo

NON SERá POSIBLE MATRICULARSE FóRA DO PRAZO.

Informacións das normas reguladoras da universidade de verán na seguinte ligazón: uveran11.

Os importes da matrícula distinguiránse en duas seccións:

Taxa xeral: 70 € (*)

Taxa reducida: 40 € (*#)

* - Todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non teren formalizado matrícula en estudios oficiais na USC no curso académico 2010-11 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2010/11 son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir, a parte do importe da matrícula do curso de verán, o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que ten un coste de 14€. A liquidación do importe do seguro farase no momento de realizar a matrícula, liquidándose xunto a esta e terá validez para todos os cursos de verán que se realicen no ano 2011.

# - Aplicable a estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC.

O pagamento da matrícula debe realizarse dentro dos CINCO DÍAS NATURAIS de facer a inscrición. En caso contrario, a inscrición quedará anulada. En ningún caso será posible a devolución de taxas unha vez realizada a matrícula, agás pola suspensión do curso.

Advertencia: O programa está pechado salvo cambios de última hora. Cada sesión terá lugar, pola tarde de 16:30 a 20:30, nas aulas da ETSE no Monte da Condesa, no Departamento de Electrónica e Computación (DEC). Este curso están pendente da resolución de puntos para o profesorado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (realizouse o trámite e estase a espera de coñecer se é aceptado).

Luns (18 de Xullo do 2011)

Avatar

Como moverse e traballar no entorno da Ubuntu (O escritorio)
Impartida por: Enrique Estévez Fernández

  • Meu novo escritorio. Diferenzas con Windows
  • Escritorios virtuais (e por que son útiles)
  • Moverse polo escritorio (o manexo do nautilus)
  • Montar e desmontar dispositivos
  • Como comprimir e descomprimir arquivos
  • Personalizar o escritorio (fondo de pantalla, temas, iconas, ...)
  • Lanzadores de aplicativos (gnome-do)
  • Configuración do idioma
  • Como gravar fotos, música e datos
  • Ofimática básica

Martes (19 de Xullo do 2011)

Avatar

Aplicativos para traballar en/con Internet
Impartida por: Óscar Casal Sánchez

  • Navegando pola rede (Firefox)
  • Traballando co correo electrónico
  • Comunicarse na rede (as redes sociais)
  • Outras canles de comunicación

Mércores (20 de Xullo do 2011)

Avatar

Instalar e eliminar paquetes de software
Impartida por: David Martínez Carballo

  • O centro de software de Ubuntu
  • Como buscar software?
  • Como instalar un paquete individual
  • Como instalar programas que non sexan paquetes
  • Wine: aplicativos de Windows

Xoves (21 de Xullo do 2011)

Avatar

Cando o software libre non é dabondo - Como xogar en Ubuntu
Impartida por: Francisco Diéguez Souto

  • Aplicativos privativos
  • Códecs
  • Controladores de dispositivos
  • Os xogos sen máis
  • Xogos en wine
  • Xogos mediante outros sistemas (playonlinux, playdeb, ...)

Venres (22 de Xullo do 2011)

Avatar

As posibilidades do GNU/Linux e a comunidade
Impartida por: Denís Fernández Cabrera

  • Ofimática: LibreOffice
  • Multimedia: Rythmbox, Totem, VLC
  • Edición de vídeo: Kino, Kdenlive, Cinelerra...
  • Deseño e maquetación: Inkscape, GIMP, Scribus...
  • Tratamento e análise de datos: QTIPlot, SAGE, R...
  • Programación e desenvolvemento: C, C++, C# (Mono), Python, Ruby...
  • VOIP e Videoconferencia: Ekiga, Empathy...
  • A comunidade e a axuda entre usuarios: LUGs
  • Como atopar documentación e axuda: foros de Ubuntu, LFDP...
  • Os Grupos de Usuarios de GNU/Linux da Galiza

O curso Traballo diario con Ubuntu celebrarase na Universidade de Santiago de Compostela, concretamente na Escola Técnica de Enxeñería Informática, nas aulas de informática que están no Departamento de Electrónica e Computación (DEC) no Monte da Condesa. O seguinte mapa amosa a situación da ETSE e das aulas do curso.

Mapa da situación das aulas

Grazas! O teu contacto foi enviado.

Se tes calquera consulta ou calquera comentario escríbeo debaixo e responderémosche coa maior brevidade posible.

(Requirido)
(Requirido)
Enviando...

FORMALIZACIóN DA MATRíCULA

A matrícula poderá formalizarse de tres maneiras:

  1. Por internet
  2. Presencial
  3. Por correo ordinario

1. Por internet

A persoa interesada premerá a ligazón "MATRICúLATE" e seguirá as instrucións.

Terá cinco días naturais para realizar o pagamento, en caso contrario a inscrición quedará anulada. En todo caso, deberase remitir copia do resgardo do pagamento selado pola entidade bancaria ao fax nº 881 811208, escaneado ao enderezo electrónico cursosdeveran@usc.es ou presentalo persoalmente en calquera dos dous centros de matriculación da Universidade de Verán (Santiago ou Lugo).

2. Presencial

A persoa interesada dirixirase a un dos dous centros de matriculación de Cursos de Verán. Logo de comprobar se hai prazas no curso ou cursos nos que se quere matricular e de formalizar os seus datos persoais, daráselle unha folla de liquidación con dous impresos (unha para o interesado e outra para a entidade bancaria) para realizar o pagamento da taxa en calquera oficina das entidades bancarias colaboradoras (Novacaixagalicia, La Caixa, Caixa Rural Galega e Banco Santander). Terá cinco días naturais para realizar o pagamento, en caso contrario a inscrición quedará anulada.

En calquera dos casos (sexa un curso con límite de prazas ou non), deberase remitir copia do resgardo do pagamento selado pola entidade bancaria ao fax nº 881 811208, escaneado ao enderezo electrónico cursosdeveran@usc.es ou presentalo persoalmente en calquera dos dous centros de matriculación da Universidade de Verán (Santiago ou Lugo).

Documentación que hai que presentar:

  • Membros da comunidade universitaria da USC (estudantes, profesores ou PAS): nº de DNI
  • estudantes doutras universidades: orixinal ou fotocopia da folla de liquidación de taxas de matrícula no curso 2010-11 ou da de exención de taxas, da credencial de bolseiro de investigación ou do certificado do departamento de estar a realizar un mínimo de 20 horas semanais de traballo de investigación
  • Persoas en paro: orixinal ou fotocopia do cartón de desemprego

3. Por correo ordinario

No caso de imposibilidade de formalizar a matrícula en persoa ou por internet, poderase facer por correo. Para isto, é preciso poñerse en contacto telefónico cunha das dúas secretarías de Cursos de Verán, onde se lle informará do procedemento a seguir.

CENTROS DE MATRICULACIóN E INFORMACIóN

Campus de Compostela:

Secretaría da Universidade de Verán
Vicerreitoría de Extensión Universitaria
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro s/n
Teléfono 881 811018 e 881 811103
Fax nº 881 811208

Campus de Lugo:

Secretaría da Universidade de Verán
Área de Cultura do Campus de Lugo
Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade
Teléfono 982 821513
Fax nº 982 821506