Licenzas Apache

Autor: Apache Foundation

Categoría: Libre

Subcategoría: Permisiva

Versión: Xaneiro 2004

Copyright: Non

Web: http://www.apache.org/licenses/LICENSE-2.0

Data de publicación : Xaneiro 2004

Compatible Debian : Si

Compatible GPL : si

Aprobada pola OSI: Si

Aprobada pola FSF: Si


Descripción

A licenza Apache (Apache License ou Apache Software License para versións anteriores a 2.0) é unha licenza de software libre creada pola Apache Software Foundation (ASF). A licenza Apache (con versións 1.0, 1.1 e 2.0) require a conservación do aviso de copyright e o disclaimer, pero non é unha licenza copyleft, xa que permite o uso e distribución do código fonte para software libre e software propietario.

Todo o software producido pola ASF ou calquera dos seus proxectos está desenvolvido baixo os termos desta licenza. Ademais algúns proxectos que non pertence á ASF tamén seguen a licenza Apache: en xaneiro de 2007, máis de 1000 proxectos non pertencentes á ASF en SourceForge estaban dispoñibles baixo os termos da Licenza Apache. [1]