Esta guía presenta instruccións para configura-la rede sen fíos da USC no entorno de escritorio GNOME en Debian GNU/Linux. Nembargante, son aplicables a calquera distribución moderna que empregue GNOME (Ubuntu, SuSE, Red Hat, Fedora).
Pasos:
O cerfificado PEM garante que a rede á que te conectas é a da USC, o que significa que os datos transmitidos irán cifrados e, polo tanto, seguros.
Na esquina superior dereita da pantalla verás unha icona (a icona de xestión de rede do sistema) semellante a algunha destas, dependendo do estado actual da tua conexión:
Independentemente do estado no que estea, os pasos para configurar a rede son os seguintes:
1.- Fai clic co botón esquerdo nela e obterás un menú coma o seguinte. Escolle a opción WifiUSC:
2.- Presentaráseche un dos dous seguinte cadros de diálogo, dependendo da versión de GNU/Linux que teñas, olla os datos que tes que rechear coma a táboa:
4.- Os certificados de cliente e de chave privada deben de quedar baleiros para a primeira versión O certificado de CA debe ser o que descargaches anteriormente. Fai clic sobre botón destacado en vermello na imaxe anterior para escollelo:
E pulsa conectar.
5.- O xestor de contrasinais de GNOME é un programa que, empregando unha contrasinal mestra, cifra todas as contrasinais que vaias empregando no sistema (e que así lle autorices) de xeito que non teñas que volver a introducilas cada vez. É un xeito seguro de evitar ter que lembrar moitas contrasinais. Moi probablemente (dependendo da configuración do teu equipo) pedirache que o fagas agora:
Se empregaches antes o anel de chaves, deberás introduci-la contrasinal que escolliches. Caso contrario pedirache que introduzas a contrasinal por primeira vez.
Cumpridos os pasos anteriores, a WifiUSC debería de funcionar correctamente.