Esta guía presenta instruccións para configura-la rede sen fíos da USC no entorno de escritorio KDE en Kubuntu GNU/Linux. Nembargante, son aplicables a calquera distribución moderna que empregue KDE (KUbuntu, entre outros).
Pasos:
O cerfificado PEM garante que a rede á que te conectas é a da USC, o que garante que os datos transmitidos irán cifrados e, polo tanto, seguros.
Na esquina inferior dereita da pantalla verás unha icona (a icona de xestión de rede do sistema) semellante a algunha destas, dependendo do estado actual da tua conexión:
Independentemente do estado no que esté, os pasos para configura-la rede son os seguintes:
1.- Fai clique co botón esquerdo nela e obterás un menú coma o seguinte. Escolle a opción WifiUSC:
2.- Presentaráseche o seguinte cadro de diálogo, (cos datos sen cubrir):
3.- Introduce os seguintes datos (os mesmos que ves na imaxe anterior):
4.- Os certificados de cliente e de chave privada deben de quedar baleiros. O certificado de PA debe ser o que descargaches anteriormente. Fai clic sobre botón da caixa de texto como ves na imaxe anterior para escollelo:
E pulsa conectar.
5.- O xestor de contrasinais de KDE (kwallet) é un programa que, empregando unha contrasinal mestra, cifra todas as contrasinais que vaias empregando no sistema (e que así lle autorices) de xeito que non teñas que volver a introducilas cada vez. É un xeito seguro de evitar ter que lembrar moitas contrasinais. Moi probablemente (dependendo da configuración do teu equipo) pedirache que o fagas agora:
Se empregaches antes o anel de chaves, deberás introduci-la contrasinal que escolliches. Caso contrario pedirache que introduzas a contrasinal por primeira vez.
Cumpridos os pasos anteriores, a WifiUSC debería de funcionar correctamente.