Configuración da WifiUSC en Android

Esta guía presenta instruccións para configura-la rede sen fíos da USC no entorno de Android

Pasos:

  1. Activación da túa conta
  2. Descarga do certificado
  3. Configuración do Network Manager

Activación da túa conta

  1. Activa a túa conta para ter acceso ós servizos de rede wifiusc no portal de activación de servizos: Activación dos servizos para redes sen fíos

Descarga do certificado

O cerfificado PEM garante que a rede á que te conectas é a da USC, o que significa que os datos transmitidos irán cifrados e, polo tanto, seguros.

  1. Visita desde o teu dispositivo o seguinte enderezo seguinte ligazón para descarga-lo Certificado PEM.
  2. Selecciona "Gardar".
  3. Escolle un lugar seguro na túa tarxeta SD ou no almacenamento interno do dispositivo onde garda-lo certificado. Precisas telo sempre nese sitio, así que asegúrate de que non é un cartafol que vaias borrar ou mover.

Configuración da rede no dispositivo

A continuación podes ver capturas de pantalla da configuración de rede dun dispositivo con Sistema Operativo libre Android.

Captura Explicación

Dende a pantalla principal do sistem preme no botón MENU do teu dispositivo para que se mostre o menú do lado e seleccione Axustes.

Seleccione «Conexiones inalámbricas»

Se estás situado nun lugar de cobertura e logo duns segundos, poderás ver que se mostran as redes sen fíos existentes. Seleccione «wifiusc».

Agora terá que configurar o seu dispositivo para que se conecte a esta rede. Os parámetros correctos son:

  • Método EAP: TTLS
  • Autenticación de fase 2: PAP
  • Identidade: O teu usuario de RAI / USC
  • Contrasinal: A tua contrasinal de RAI / USC
  • Identidade anónima: anonymous@usc.es

Logo de premer sobre «Establecer conexión» terás acceso á Internet e aos servizos da USC dende o teu dispositivo móbil.

Se tes calquera pregunta fáinola saber empregando o formulario de contacto ou mediante a información de contacto ao pé desta páxina.