Documentacion Configuración da WifiUSC en GNU/Linux nos EeePC

Esta guía presenta instrucións para configura-la rede sen fíos da USC nos equipos de Asus EeePC que contan con GNU/Linux instalado. Os pasos son ben sinxelos, se ben se seguen os pasos que podemos agrupar en:

Índice

Activación da túa conta

Activa a túa conta para ter acceso ós servizos de rede wifiusc no portal de activación de servizos: [Activación dos servizos para redes inarámicas]

Instalación do pacote de configuración para os Asus

Descarga un dos seguintes pacotes no teu portátil,

  1. WifiUSC_701.deb se tes o "modelo 701".
  2. WifiUSC_901.deb se contas co "modelo 901".

lembra onde o gardas pra logo non trabucarte.

Agora vai ó explorador de arquivos:

atoparás o arquivo chamado wifiusc_901.deb (se descargaches o instalador para o modelo 901) ou wifiusc_701.deb (se pola contra descargaches a versión para o modelo 701).

Clica co botón dereito enriba do arquivo e vai a "Instalar Archivo DEB..."

Pedirache unha contrasinal, que será a mesma que ten o teu usuario, senón sabes cal é a contrasinal olla este artigo onde che explicamos como cambiala

Logo de un anaco aparecerache unha mensaxe que che informa que tes todo instalado.

Configuración dos datos de acceso

O último paso que falta é inserir os teus datos da conta de RAI ou USC para poder acceder á rede.

Co explorador de arquivos podes ollar que agora no teu cartafol contaras con outro chamado redes:

ó entrar nel atoparás un arquivo chamado wifiusc.conf,

como seguro entenderás é o arquivo onte de tes que modificar cos teus datos

ó método de inserción é ben sinxelo, sustitúe usuario@rais.usc.es polo teu usuario e a "contrasinal" pola túa contrasinal, por exemplo:

identity="galloso@rai.usc.es" password="luar-o-venres" pecha, garda o arquivo, e xa tes configurado o teu portatil para acceder á wifi da USC.

¿E agora como se accede á rede?

A forma de acceder á rede varía un pouco da normal, pero aínda así é moi sinxela.

No canto de ir a "Redes inarámicas" na lapela "Internet", terás que ir a "Red" xa que a configuración xa está feita dende alí. É moi *importante* que o fagas deste xeito pola contra sobreescribese a configuración con outra inválida.

aparecerache unha nova configuración de rede "WifiUSC", fai clic co botón dereito e pulsa "Conectar"

Aparecerache un diálogo que che irá informando do proceso.

Se o diálogo pecha e ollas que "WifiUSC" o estado é "Habilitado" entón xa estás conectado. Se pola contra che informa que está "Pendente" tenta conectarte de novo.

NOTA: é posíbel que non conecte ben de primeira vez, nese caso insiste seguindo o mesmo proceso. O motivo desta incidencia é que a rede posiblemente estea moi sobrecargada. Se aínda así persiste non dubides en contactar coa Oficina de Software Libre ou con Atención al Usuario (55555).

Exprimir todalas posibilidades dos EeePC

Unha posible solución definitiva, recomendamos aos propietarios de estes "netbooks" que pensen na posibilidade de instalaren un sistema operativo Ubuntu GNU/Linux deseñado específicamente para estas equipas: Ubuntu Netbook Remix Project.

O Netbook Remix, por ser Ubuntu, é un sistema operativo completo, sen as restriccións que o Xandros que ven instalado por defecto nestas máquinas. Isto significa que inclúe xa de serie soporte para WPA2 Enterprise (a tecnoloxía que emprega a rede da USC), ao igual que calquera distribución normal de GNU/Linux.

Aviso: O Netbook Remix está composto na sua maioría por software libre, pero o usuario deberá de ter en conta que por decisións do equipo de desenvolvedores dese proxecto tamén se inclúen aplicacións privativas.