Autor: Creative Commons Foundation
Categoría: Libre
Subcategoría: Permisiva
Versión: 2007-02-23
Copyright: Creative Commons Foundation
Web: http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/deed.gl
Data de publicación : 2007-02-23
Compatible Debian : ???
Compatible GPL : Si
Aprobada pola OSI: Si
Aprobada pola FSF: Si
As versións anteriores da Creative Commons (2.5 e menores) non eran compatibles cas DFSG de Debian, nen algunhas delas aceptadas pola Free Software Foundation, en parte pola confusión que xera o nome común Creative Commons (que mistura licenzas de copyleft con permisivas e con privativas) e en parte por problemas de redacción das licenzas.
No caso de Debian, o principal argumento en contra é que as licenzas CC inclúen unha cláusula contra os sistemas de xestión de dereitos de autor (DRM) que impide que traballos liberados baixo dunha CC-By-SA (por exemplo) sexan distribuídos en medios con este tipo de controis. Os desenvolvedores de Debian, pola contra, defenden que cada quen debe de ter a liberdade de distribuír os contidos no soporte que prefiran. Isto significa que contidos liberados baixo das CC non poden ser incluídos en distribucións do sistema operativo.
A versión 3.0 da licenza (a que analizamos aquí) deu pasos significativos na dirección de arranxar estas incompatibilidades. Nembargante, a día de hoxe (Setembro do 2008) aínda non hai un pronunciamento claro de Debian sobre cómo tratar a versión 3.0.