Licenzas Creative Commons

Creative Commons é unha familia de licencias creada pola Fundación Creative Commons, co propósito de simplifica-lo panorama existente no mundo das licencias de propiedade intelectual en xeral e de lle proporcionar un marco internacional.

As licenzas Creative Commons varían dende as totalmente privativas, con tódolos dereitos reservados, ata as que apenas restrinxen mais que deixar un traballo no dominio público. Por isto é imprescindible indicar qué licenza se emprega cando se libera un traballo; non é dabondo con dicir que está liberado baixo "dunha licenza CC".

Ademais, as licenzas CC están adaptadas á lexislación específica de moitos países (ademais de contar cunha versión internacional) e traducidas. É importante tamén indicar entón qué xurisdicción se emprega.

A familia de licenzas Creative Commons consta actualmente de:

De esta lista, as únicas que se consideran realmente licenzas aptas para contidos libres son a Atribución (que básicamente concede plena liberdade pero esixe recoñecemento para o autor) e a Atribución-CompartirIgual (que engade ó anterior o copyleft, preservando así a liberdade dos traballos derivados).