O aplicativo Fantasdic http://www.gnome.org/projects/fantasdic é un aplicativo de diccionario que permite buscar palabras dende moitas e diversas fontes. Destinado principalmente ao escritorio de GNOME, pero tamén pode traballar en outras plataformas, incluso en Windows. Fantasdic é software libre e programado na linguaxe de programación Ruby.
A principal vantaxa que presenta é o sistema de complementos, o que permite de forma sinxela extender o programa para que poida "consumir" datos dende as fontes que desexemos. O único necesario é programar o complemento axeitado.
Podedes obter a tradución ao galego dende: http://l10n.gnome.org/vertimus/fantasdic/master/po/gl
Aquí explicaremos como instalar os dous complementos desenvolvidos na OSL para estender o aplicativo e así permitir que poida consumir datos dende Open-tran.eu e máis do Corpus de Mancomun (http://corpus.mancomun.org).
Iniciar unha vez o fantasdic para que cree o cartafol de configuración do usuario e pechalo.
Copiar os seguintes ficheiros .rb no cartafol ~/.fantasdic/sources.
http://www.usc.es/osl/files/corpus_mancomun.rb http://www.usc.es/osl/files/open_tran.rb
Iniciar o Fantasdic.
Ir ao menú Editar->Preferencias.
Pulsar no botón Engadir no separador Dicionarios.
Abrese un diálogo para meter unha orixe. Seleccionamos en orixe o "Corpus Mancomun" e inserimos un nome para poder diferencialo do resto (p.ex. "Manc. en->gl"),
Vamos ao separador "Bases de datos", e activamos a que queremos (seleccionamos unha e damoslle ao botón Baixar).
Agora para facer consultas seleccionamos no despregábel da dereita a orixe que queiramos e inserimos o termo a buscar.