A partir das liñas de actuación e os eixos estratéxicos podemos concretar as tarefas que deben ser levadas a cabo neste período xullo-decembro de 2008.
- T1. Contratación de persoal (3ª semana de xullo)
- T2. Diagnóstico da situación actual
- F2. Fito: informe de estado (1ª semana de outubro)
- T3. Definición dos mecanismos de actuación
- T3.1. Definición dos procedementos de asesoramento
- T3.2. Establecemento de mecanismos de colaboración con outros axentes autonómicos e estatais (4ª semana de outubro)
- T4. Promoción do uso do software libre
- T4.1. Escribir e difundir o documento de boas prácticas
- F4.1. Fito: documento de boas prácticas (4ª semana de setembro)
- T4.2. Organización de cursos para PDI, PAS e estudantes sobre Firefox, Thunderbird e OpenOffice (desde outubro)
- T4.3. Instalación de Firefox, Thunderbird e OpenOffice nas aulas de docencia e na ATIC
- F4.3. Fito: software instalado (4ª semana de outubro)
- T4.4. Elaboración de modelos para OpenOffice
- F4.4. Fito: modelos creados (1ª semana de decembro)
- T4.5. Probas de migración a arranque dual Linux/Windows en aulas de docencia
- F4.5. Fito: dispor de algún aula con arranque dual (4ª semana de decembro)
- T4.6. Estudo do estado actual de desenvolvemento de plataformas libres de ensino virtual
- F4.6. Fito: Informe sobre plataformas libres de ensino virtual (4ª semana de novembro)
- T4.7. Elaboración de CD ou DVD con software libre
- F4.7. Fito: CD/DVD dispoñible (4ª semana de decembro)
- T4.8. Organización dunha InstallFest durante o mes de outubro
- T5. Posta en marcha do portal web
- T5.1. Instalación da primeira versión operativa do portal
- F5.1. Fito: primeira versión operativa (1ª semana de outubro)
- T5.2. Xestión e mantemento do portal
- T6. Avaliación dos resultados acadados
- F6. Fito: informe de avaliación (4ª semana de decembro)