Estes son os principais grupos de usuarios de GNU/Linux da Galiza, ata onde chega o noso coñecemento. Se coñeces algún que non esté neste listado, por favor indícanolo.
Pola sua propia natureza, o Software Libre tende a xerar unha grande cantidade de coñecemento "flotante", compartido polos usuarios pero non sempre escrito na forma de documentación --- en certa medida, trátase dunha nova forma de transmisión oral do coñecemento. O resultado neto é que existe unha ampla comunidade disposta e habituada a comparti-la información e a axudarse mutuamente.
Se busca introducirse no Software Libre ou no GNU/Linux, é moi boa idea poñerse en contacto con algún destes grupos:
Índice |
AULUSC
Asociación de usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela
Ámbito : Santiago de Compostela
Páxina Web: http://aulusc.org.es
Lucux
Asociación de Usuarios de Software Libre de Lugo
Ámbito : Lugo
Páxina Web: http://lucux.enlugo.com
GALITE
Grupo Asociado pola Libre Información e a Tecnoloxía
Ámbito : Lugo
Páxina Web: http://galite.org