Abstract: Este documento explica os principios básicos subxacentes ós conceptos de licenza, con especial atención ó panorama do software libre. Inclúese unha clasificación básica das mesmas.
Índice |
Dende 1886, os países asinantes do Convenio de Berna recoñecen os dereitos do autor dunha obra, sexa esta literaria, gráfica, musical ou o código dun programa de ordenador (software) polo mero feito de tela realizado. Distintos países extenden este convenio de xeitos diferentes segundo a súa lexislación e tradición, pero todos recoñecen cando menos os dereitos fundamentais do autor para decidir como se vai a explotar e empregar a súa obra.
Isto significa que salvo que o autor tome disposicións en sentido contrario, ningúen é libre de copiar, modificar ou sequera disfrutar daquela. Para que terceiros poidan exercer calquera destes dereitos o autor debe de establecer unha licenza para o seu traballo, que non é máis que un acordo entre as partes aclarando o que se pode facer ou non co material protexido.
Un exemplo clásico son as notas de copyright que aparecen nas primeiras páxinas da maioría dos libros, reservando os dereitos de copia e modificación para o autor ou o editor. Outro exemplo moi frecuente son as licenzas de programas de ordenador que nos permiten empregalos cunha serie de condicións mais ou menos férreas e que, con frecuencia, o usuario descoñece porque nen sequera leu (ou entendeu) o texto que aceptou ó instalar o programa.
No software libre, o autor, en exercicio dos seus dereitos, decide outorgar aos usuarios unha serie de graos de liberdade que normalmente non se recollen nas licenzas privativas. Asemade, tamén establece unha serie de condicións que garanten que o exercicio desa liberdade non perxudica ao resto de usuarios – a comunidade – ou a él mesmo. Todos estas condicións recóllense nun documento de licencia ca mesma base legal que as licenzas privativas tradicionais, pero cun carácter marcadamente diferente.
Coa proliferación das novas tecnoloxías e o éxito do software libre como modelo tecnolóxico e económico, as premisas nas que se basea están a se estender a outros eidos do que tradicionalmente se chama “propiedade intelectual”: a creación literaria, gráfica ou musical están a explorar camiños que lles permitan liberar e protexer os seus contidos de xeito semellante.
Como resultado destes procesos, é cada vez mais necesario ter unha perspectiva clara de qué é exactamente unha licenza, cáles existen e cando e cómo empregalas.
Pódese definir informalmente licenza coma un acordo legal no que o autor cede unha parte ou a totalidade dos dereitos que posúe sobre unha obra polo mero feito de tela creado. Esta cesión faise baixo unhas condicións ou restricións que a outra parte, o usuario, debe respetar para poder facer uso dos dereitos concedidos.
A definición da wikipedia di:
“Unha licenza é, en dereito, un contrato mediante o cal unha persoa recibe doutra o dereito de uso de varios dos seus bens, normalmente de caracter non tanxible ou intelectual, a cambio do pago dun monto determinado polo uso dos mesmos.”
E con respecto as licenzas de software:
“Unha licencia de software é un contrato entre o titular do dereito de autor (propietario) e o usuario do programa informático (usuario final), para empregar este nunha forma determinada e de conformidade cunhas condicións convidas.”
En resumo, unha licenza ven sendo un mecanismo legal co que un autor:
Segundo o marco legal, as licenzas apoianse ou basanse nos dereitos de autor. Os cales se engloban na lei de propiedade intelectual. Dentro dos dereitos de autor distinguense entre dereitos morais e patrimonais.
Os dereitos morais son intransferibles, inalienables e irrenunciables. Estes dereitos son para sempre, non caducan, nin despois da morte do autor.
Dividense en:
Os dereitos patrimoniais, tamén coñecidos como de explotación, son os que se poden ceder ou traspasar a través dun contrato, no noso caso dunha licenza. Estes dereitos son temporais, caducan aos x anos despois da morte do autor. Cando caducan estes dereitos a obra pasa ao dominio público. Dividense en:
Nota: no dereito continental falase de dereitos de autor e no anglosajón de copyrigth (dereitos de copia). Non é técnicamente o mesmo, anque na práctica os dereitos patrimoniais son moi parecidos os dereitos de copia que se poden vender no modelo anglosaxón.
A definición da wikipedia, con respecto a dominio público no que se refire aos dereitos de autor:
Por dominio público entendese a situación na que quedan as obras literarias, artísticas ou científicas (o que inclue programas de ordenador) ao expirar o prazo de protección dos dereitos patrimonais exclusivos que as leis de dereito de autor lle recoñecen e que implica que poden ser explotadas por calquera persoa ou corporación, pero sempre respetando os dereitos morais (basicamente a paternidade). Esto sucede habitualmente transcurrido un término contado dende a morte do autor.
No convenio de Berna, acordouse que como mínimo, tiñan que pasar 50 anos dende a morte do autor para que as obras pasarán ao dominio público. Despois cada país manten ou amplía ese prazo a través da súa lexislación. En España son 70 anos os quw teñen que pasar.
En resumo:
As licenzas como contrato que son non teñen porque seguir unha estructura específica en concreto. Pero dentro do software todas seguen unha estructura similar e como as que existen noutro tipo de ámbitos foron xeradas a partires destas, é dicir, son modificacións das de software pero adaptadas a outros campos.
No caso do software tódalas licenzas soen ter un preámbulo. Pero as clausula máis importantes e destacadas son as seguintes:
Estas clausulas indican os dereitos que o autor concede a outra parte, é dicir, que é o que o usuario vai poder facer. Os dereitos que se conceden son os que están listados nos dereitos patrimoniais. Todo dereito que non permita explicitamente, está reservado polo autor e hai que ter en conta que os dereitos poder estar suxeitos a condicións ou restricións (limitacións e prohibicións).
Estas clausulas indican as limitacións ou prohibicións que a outra parte, o usuario, debe respetar, é dicir, que é o que o usuario non vai poder facer.
Aqui irían as garantías e responsabilidades do autor. Nesta parte o autor limita as súas responsabilidades e garantía sobre a obra e o seu uso. Son os coñecidos disclaimers.
[ en construcción. ]
A clasificación que segue pódese entender dende dous puntos de vista: dende o dos permisos que conceden ao usuario, ou dende o grao de restricións que lle impoñen. Asi, atendendo a este criterio podense clasificar de maís a menos restrictivas nas seguintes:
As licenzas privativas clásicamente proporcionan ao usuario as liberdades mínimas pra que empregue o programa do xeito no que foi deseñado. Non contemplan a posibilidade de que o usuario precise altera-lo funcionamento do programa, que queira aprender do mesmo ou sinxelamente que precise dispoñer de mais copias das autorizadas.
As licenzas semilibres son aquelas que, garantindo liberdades normalmente non presentes nas licenzas privativas, impoñen tamén algunha restricción que na definición canónica de software libre non entra.
Un exemplo clásico deste tipo de licenzas é o de aquelas que proporcionan o código fonte e permiten empregar gratuítamente un programa con fins non comerciais. Na definición das catro liberdades dada pola Free Software Foundation dise explícitamente que debe de ser posible o uso comercial do software.
As licenzas libres son aquelas que cumpren as 4 liberdades definidas pola Free Software Foundation – a saber, que permiten ao usuario copiar, usar, estudar e modificar o programa libremente. Atendendo a se impoñen ou non condicións sobre a redistribiución, dividense entre:
A distinción fundamental está en qué se pode facer ou non co código liberado, e ónde remata a liberdade dos licenciatarios. As licenzas con copyleft esixen que o código de programas derivados de código libre sexa tamén liberado baixo da mesma licenza, namentres que as licenzas permisivas conceden ós usuarios as catro liberdades sen esixir a cambio que os resultados das mesmas sexan devoltos á comunidade.
En principio, cunha interpretación estrita da “cantidade de liberdade” que proporciona cada licenza, cabería dicir que as licenzas permisivas son “mais libres”, xa que dan a posibilidade de facer cousas que as licenzas con copyleft non.
Nembargante – e este é un debate aberto na comunidade do software libre – enténdese que as licenzas con copyleft son necesarias pra preservar precisamente esa liberdade: se non se esixe que o código derivado sexa liberado tamén, sería moi doado tomar un proxecto libre, cambiarlle uns pequenos detalles e publicalo baixo dunha licenza privativa. Deste xeito, as aportacións realizadas nesta versión do programa estarían perdidas para o resto da comunidade.
En xeral, hai tendencia por parte das empresas (especialmente aquelas que non levan moito tempo vendo funcionar a economía do software libre) a preferi-las licenzas permitivas que logo lles deixen pechar o código. Os usuarios, pola contra, soen preferir as licenzas con copyleft, xa que estas ofrecen unha garantía de continuidade na liberdade do programa.
Para poder obter dunha visual das licenzas, realizaronse un par de gráficos cos que se intenta explicar de forma gráfica, clara e concisa o tema das licenzas.
Estes mapas teñen unha base común. Ambos mapas parten dunha parte central na que se representan a obra e o autor para representar por un lado a base legal das licenzas e por outro os diferentes tipos de licenzas que se poden atopar. Na parte esquerda de cada mapa intentase explicar a base legal sobre a que se construen as licenzas e na parte dereita realizase unha clasificación das mesmas basada nos diferentes grados de libertade que permiten.
Empregando a técnica dos mapas conceptuais, intentase abordar unha explicación clara e concisa do mundo das licenzas. O mapa está inspirado polo que realizou René Mérou para explicar o movemento do software libre.
O mapa foi realizado co OpenOffice Draw e está liberado ou publicado baixo licenza GNU GFDL 1.2.
Descargas:
Cambiando de técnica, anque ao mellor non se axusta ao que representa un mapa mental, intentaronse pasar os conceptos sobre licenzas a esta outra técnica cun resultado bastante aceptable.
A aplicación empregada para realizar o mapa chamase FreeMind e é software libre, concretamente está licenciada baixo licenza GNU GPL. A versión empregada da aplicación foi a 0.8.1 e compre dicir que esta aplicación ten soporte multiplataforma. O mapa tamén está publicado baixo a licenza GNU GFDL 1.2.
Descargas:
Durante a elaboración dos mapas contouse coas correcións e suxerencias de: