Autor: Netscape Communications Corporation
Categoría: Libre
Subcategoría: Permisiva
Versión: Descoñecido
Copyright: Non
Web: http://www.mozilla.org/MPL/MPL-1.1.html
Data de publicación : Descoñecido
Compatible Debian : No
Compatible GPL : No
Aprobada pola OSI: Si
Aprobada pola FSF: Si
A Licenza Pública de Mozilla ( en inglés:Mozilla Public License ou o seu acrónimo MPL) é unha licenza de código aberto e software libre. Foi desenvolvida orixinalmente por Netscape Communications Corporation –unha división da compañía 'América Online'–, e máis tarde o seu control foi traspasado á 'Fundación Mozilla'.
A licenza MPL cumpre completamente coa definición de software de código aberto da Open Source Initiative (OSI) e coas catro liberdades do software libre enunciadas pola Free Software Foundation (FSF). Con todo a MPL deixa aberto o camiño a unha posible reutilización non libre do software, se o usuario así o desexa, sen restrinxir a reutilización do código nin o relicenciamiento baixo a mesma licenza.
O feito de que Netscape poida sacar versións revisadas da licenza nun futuro non é moi importante xa que é posible seguir empregando a versión actual da licenza se se desexa.
Aínda que o uso principal da MPL é servir como licenza de control para o navegador Mozilla e o software relacionado con el (o navegador Firefox ou o cliente de correo Mozilla Thunderbird, por exemplo), esta licenza é amplamente utilizada por desarrolladores e programadores que queren liberar o seu código.
Na licenza MPL baseáronse multitude de licenzas posteriores. A última aprobada recentemente pola OSI é a licenza CDDL de SUN, que permite unha maior liberdade aínda que a propia MPL, na utilización de calquera código baixo calquera tipo de licenza dentro dun mesmo proxecto de software libre, mantendo sempre o proxecto baixo licenza de software libre.