O principal obxectivo da OSLUSC é a promoción e avance do Software Libre na comunidade universitaria. Con este fin, buscará:
- Ser punto de referencia e asesoramento para os tres estamentos universitarios (PAS, PDIs e estudantes) en materia de software libre.
- Ser punto informativo sobre protocolos e estándares libres e abertos.
- Axudar á construción dunha comunidade de usuarios e desenvolvedores de Software Libre na Universidade.
- Xerar contidos relacionados coa divulgación do software libre: noticias, paxinas web, manuais e guías.
- Coordinar actividades divulgativas.
- Organizar e informar de cursos e atividades formativas.
- Identificar os principais problemas para a adopción das medidas propostas na declaración institucional sobre software libre, e desenvolver solucións para os mesmos.
- Mediar entre os usuarios de software libre e os medios técnicos e de administración.
- Actuar como nexo de unión entre distintas organizacións xa existentes vencelladas ao Software Libre en Santiago de Compostela (GLUG, AULUSC, AGNIX, ...)
- Que o software e documentación producidos dentro da USC teña licenzas libres sempre que sexa posible.
- Que o modelo do Software Libre e as súas repercusións tecnolóxicas, económicas e sociais, así como a extensión deste modelo na paisaxe mais ampla da Cultura Libre, sexa adoptado nos planos de ensino coma un dos alicerces da moderna sociedade do coñecemento.
- Que a comunidade universitaria da USC se convirta, eventualmente, en modelo de Sociedade do Coñecemento Libre, creando e desenvolvendo as suas actividades e contidos sobre os puntos expostos.
Actividades vencelladas
Para cumplir os objetivos anteriores, OSL-USC leva a cabo varias atividades:
- Realización dun estudo' do nivel, estado e aceptación actual que o software libre ten na USC.
- Elaboración dun plan a longo prazo para a migración cara solucións libres alí onde sexa posible.
- Proxecto anual para a implantación de formatos estándar en comunicacións oficiais e administrativas.
- Montaxe dun repositorio de aplicacións libres recomendadas para distintos sistemas operativos (Windows, MAC OS X, GNU/Linux) como alternativa aos programas privativos máis comúns.
- Compilación de manuais e recursos sobre software libre para a asistencia na formación presencial e autodidacta.