Índice |
OmegaT, é un proxecto que está composto por varios tipos de ficheiros, xa que dende o mesmo, se promove a tradución non só da interface do programa, senón que tamén se permite a tradución da documentación e da web oficial do proxecto.
Os formatos cos que se vai atopar son:
Dende o proxecto recomendase empregar OmegaT para a súa tradución.
Como obter os fontes, é dicir, os ficheiros que conteñen as cadeas que hai que traducir. Este paso pódese realizar de dúas formas. A segunda forma será explicada no apartado "Como integrar a tradución".
A primeira é máis sinxela sería descargalos dende a páxina do proxecto. Para elo, abra o seu navegador web e na barra de navegación escriba o seguinte URL:
http://sourceforge.net/projects/omegat/
Agora xa está na páxina principal do proxecto OmegaT que está aloxada na forxa Sourceforge.net. Agora vaia ao menú Download e na lista despregábel faga clic co rato no menú "Browse All Packages". Na seguinte táboa que aparece en pantalla, seleccione o paquete "Other-L10N projects". A continuación aparecerá unha nova táboa na que poderá elexir a versión que quere traducir. Recoméndase sempre elexir a última versión.
OmegaT, ofrece dous posibles paquetes para traducir:
java -jar OmegaT.jar resource-bundle= [o ficheiro indicando a súa ruta]
Descargar o código fonte do repositorio. En OmegaT, empregan subversion e mediante a seguinte liña podes descargar o proxecto. svn co https://omegat.svn.sourceforge.net/svnroot/omegat/trunk omegat
java -Duser.language=[código do idioma seleccionado] -jar OmegaT.jar