Software Libre (do inglés, Free Software, oposto ao "Software Privativo", Privative Software) refírese no seu aspecto mais xeral a aqueles programas de ordenador nos que o usuario goza das seguintes liberdades:
Estas liberdades concrétanse en licenzas de uso, que o usuario acepta cando usa o programa (de xeito análogo ás "licenzas de usuario final" do Software Privativo). Existen moitas licenzas, pero a mais usada e coñecida posiblemente sexa a GNU GPL.
As licenzas do Software Libre, normalmente, incorporan un termo chamado copyleft. O Copyleft significa a inversión do copyright: o uso por parte do autor dos seus dereitos para libera a obra (programa, texto ou o que sexa) baixo os termos da licenza, e a esixencia de que calquera modificación ou traballo derivado da mesma utilice tamén esa licenza.
Deste xeito, o copyleft garante que ninguén poida -- legalmente alomenos -- apropiarse dunha obra liberada, impedíndolle ós demais algunhas ou todas das liberdades que o Software Libre ten. O copyleft tamén garante que as obras derivadas usarán esa mesma licenza, e dese xeito contribúe a que a filosofía da Cultura Libre se estenda.
Entendemos Cultura Libre como a extensión do modelo do Software Libre ao resto da creación, tanto artística como científica ou técnica, e a repercusión que isto ten na riqueza que é o coñecemento compartido.
O Software Libre comparte características moi destacadas co método científico, nomeadamente aquelas que o fan fiable: revisión por iguais, desenvolvemento colaborativo, prioridade na comunicación, transparencia e divulgación de resultados. Estes mesmos principios son aplicables tamén á producción artística ou técnica: a primeira non deixa de ser, en moitos casos, de xeito consciente ou non, inspiración en elementos de traballos anteriores. A segunda esixe, polo seu carácter riguroso e formal, dunha contrastación nos fondos e nas formas que é complicado articular doutro xeito.
Neste contexto, a Cultura Libre é a consciencia de ese funcionamento das cousas, e a sua concrección nun marco legal e formal: se o coñecemento que temos é compartido, creado a partir de traballos anteriores e contrastado contra do parecer dos demais, fagámolo explícito e, sobre todo, asegurémonos de que non é posible que ninguén desvirtúe eses valores.
Engadido ao anterior temos o feito de que a USC é unha universidade pública, financiada polos cidadáns e constituída como un instrumento de educación para os propios cidadáns. Do mesmo xeito que ten sentido que os produtos do traballo da administración redunden en beneficio dos cidadáns, é tamén razoable pedir que a cultura creada pola Universidade revirta en cultura común que todos poidan compartir.
É con estas ideas en mente que a OSLUSC promove o uso de licenzas libres dentro da USC: é fundamental protexer estes procesos de transmisión e creación da cultura de xeito rigoroso e claro.
Nas nosas paxinas de Documentación dispos de mais información sobre estes temas. Nomeadamente, pódeche interesar ver a lista de [GUGLs|GUGLs] (Grupos de Usuarios de GNU/Linux) galegos, que son asocicacións voluntarias adicadas á difusión e promoción do Software Libre.
Ademais, hai dous grandes referentes no mundo do Software Libre: