OmegaT, ofrece unha serie de recursos adicionais que pode descargar dende a web do proxecto. Para elo abra o seu navegador e na barra de navegación insira o seguinte URL:
Unha vez na páxina oficial do proxecto, vaia ao menú da esquerda e faga clic co rato en "Outros recursos de OmegaT". Na nova páxina que lle amosa o seu navegador atopará unha serie de ferramentas, documentación e recursos adicionais complementarios a aplicación OmegaT.
Índice |
TMXMerger, é unha pequena aplicación escrita en Java que permite fusionar dúas ou máis memorias de tradución nunha soa. As memorias de tradución coas que traballa, como ben indica o seu nome son de tipo TMX (.tmx). Está ferramenta empregase dende a "Liña de ordes" e foi realizada por Henry Pijffers.
Pode descargala dende a seguinte ligazón: http://www.omegat.org/resources/TMXMerger-1.0.jar
Na liña de ordes, insires o seguinte texto:
java -jar TMXMerger-1.0.jar
En pantalla amosaralle a forma de chamala. Algo similar ao seguinte:
Usage: TMXMerger [source=LL(-CC)] <tmx1> <tmx2> [<tmx3> ...] <output> If no source language is specified, the source language as specified in the source language attribute in the first TMX file will be used. TO specify a source language, add the option source=LL(-CC), where LL is the language code, and CC is the country code (optional). This *must* be the first argument.
Como se pode ver no texto, é tan sinxelo como chamar a aplicación seguida dos ficheiros .tmx que se van a unir nun só. O último nome de ficheiro que se pon sería o nome do novo ficheiro que se creará e que será unha combinación dos que se lle pasen como parámetros.
No novo ficheiros xerado, non aparecerán cadeas repetidas