Índice |
Unha posibilidade é mediante o servizo en liña creado por ... e que está accesíbel a través da seguinte ligazón.
Simplemente hai que introducir o enderezo da imaxe que quere traducir e na súa pantalla aparecerán os campos de texto no idioma orixinal co correspondente recadro no que introducir a tradución. Cando se remata, ao premer o botón submit, ...
Abra o seu navegador e introduza o seguinte enderezo: http://toolserver.org/~nikola/svgtranslate.php ou prema na ligazón SVGTranslate-1.05.
A continuación debería ver algo semellante ao que mostra o gráfico de abaixo.
A continuación ten que introducir no campo SVG file URL: o enderezo web do gráfico que quere localizar e a continuación premer no botón Submit. Neste exemplo, vaise a probar cunha imaxe da web da iniciativa Document Freedom Day. O enderezo sería o seguinte: http://www.documentfreedom.org/images/6/69/DFD08_sticker.svg
O gráfico de abaixo mostra a imaxe que se quere traducir.
Tras premer no botón Submit na pantalla do seu navegador aparecerá algo similar ao que se mostra no gráfico de abaixo. Nos campos que aparecen en pantalla poderá realizar as traducións das cadeas ao seu idioma.
Tras rematar de traducir as cadeas, soamente falta escoller na lista despregábel o idioma no que se localizou a imaxe. Se observa o gráfico de arriba, verá a selección do idioma, que neste caso foi galego. Por último, so falta premer no botón Submit translation para gardar o gráfico traducido. Se decide dar este paso, a continuación aparecerá en pantalla un diálogo similar ao do gráfico de abaixo que lle pregunta que quere facer. Se gardalo ou abrilo co programa que teña predefinido no seu equipo. Con estes simples paso terá realizado a localización dunha imaxe en formato SVG.
No terminal, introduce a seguinte orde:
xml2po -a -o xx_YY.po grafico.svg
Mediante a orde anterior, extraeuse nun ficheiro PO as cadeas de texto que se poden traducir do gráfico que se ten almacenado en formato SVG. As cadeas serán extraídas no ficheiro xx_YY.po, onde xx corresponde o código do idioma e YY ao código do país.
Coa ferramenta tradución CAT que empregue (que soporte neste caso ficheiros PO), traduce as cadeas ao idioma elixido.
No terminal, introduce a seguinte orde:
xml2po -a -p xx_YY.po grafico.svg > grafico-xx_YY.svg
Mediante esta orde, xerase un novo gráfico que incrusta as cadeas traducidas no gráfico novo tomando como modelo o gráfico orixinal. O que fai esta orde, é cambiar as cadeas orixe do gráfico polas traducións desas cadeas que están no ficheiro xx_YY.po traducido no paso anterior, creando o novo gráfico traducido co nome que se lle indicou.