|
|
PAMM
Descrición
O loxical PAMM (Propagación Acústica a través de
Medios Multicapa) desenvolvido no Departamento de Matemática
Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela,
permite predicir o comportamento acústico de medios estratificados
formados por materiais de diferentes características. Emprega un
modelo
unidimensional de maneira que supón que as ondas sonoras son planas aínda
que con incidencia oblicua. Este programa ofrece a posibilidade
de
construír medios multicapa con un número ilimitado de materiais
entre os que figuran cavidades de aire, sólidos elásticos, placas ríxidas, placas elásticas
(simples ou compostas), medios porosos (con poro aberto ou poro
pechado), impedancias de parede e velos porosos.
Unha vez introducidos os datos de cada un dos materiais que
forman o medio multicapa a través da interfaz gráfica do
loxical, PAMM permite calcular unha gran variedade
de índices cos que valorar o comportamento acústico do medio multicapa, como son
o nivel de presión sonora, a perda de
transmisión,
o coeficiente de reflexión, o coeficiente de absorción, a impedancia
de entrada e de saída do medio multicapa.
En calquera destes casos,
o programa constrúe unha táboa cos valores de cada un destes
índices e representa graficamente un varrido respecto
a calquera das propiedades físicas que caracterizan ao problema
de propagación acústica a través do medio multicapa.
Ademais, existe a opción de visualizar unha animación das ondas
planas que son solución do problema de propagación acústica.
|