versión en castellano
english version

versión para discapacitados
 
Inicio » Plan DS » Datos Plan » Eixe 2 » Sen fume e saudable » Campaña da USC
Seccións
Información xeral
Datos do Plan
Actividades
Enderezo/Teléfono
Contactos

Campaña da USC para abandonar o consumo de tabaco

Motivación

A campaña para a aplicación da Lei de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco no eido da USC leva a tomar unha serie de medidas, para responder á demanda por parte dun amplo sector de membros da USC. Por isto:

 

 

- A USC debe transmitir a idea de que o tabaco é o factor de risco máis importante para a saúde, tal como se contempla no Plan de Desenvolvemento Sostible da USC.

 

- A USC é unha universidade que trata de preservar a saúde dos seus estudantes, do persoal de administración e servizos e do persoal docente e investigador.

 

- A USC debe ser un exemplo coas súas actitudes para o resto da sociedade e debe aplicar esta lei e para iso concienciar aos seus membros da necesidade de modificar os hábitos para mellorar a calidade de vida.

Obxectivo                                                                                                            

O obxectivo da campaña é conseguir un ambiente saudable mediante a aplicación da lei na USC e a promoción de hábitos de conduta respectuosos co contorno, para reducir así os riscos para a saúde.

Características da campaña
- Organización

A campaña propona o Servizo de Vixilancia da Saúde (Servizo de Prevención de Riscos) intégrase no Plan de Desenvolvemento Sostible e promóvese dende a Vicerreitoría de Calidade e Planificación e a Vicerreitoría de Comunidade Universitaria e Compromiso Social. Darase conta dela ao Comité de Seguridade e Saúde.

Para o seu desenvolvemento cóntase coa colaboración de Consellería de Sanidade, a través da Delegación Provincial de A Coruña e da Delegación Provincial de Lugo no que atinxe ao tratamento médico e cartelaría. Así mesmo, no que ao tratamento médico se refire, cooperan a Unidade de Tabaquismo da Facultade de Psicoloxía da USC, o Servizo de Vixilancia da Saúde dos campus de Lugo e Santiago e o Servizo Médico de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

- Período de Execución

A data de comezo da campaña corresponde ao mes de decembro de 2005. Cunha duración inicial prevista de 12 meses, a partir dos cales, segundo os resultados acadados da súa evolución e éxito, poderase ampliar o prazo.

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia     Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00