Motivación: O estudo inicial responde á demanda de membros da comunidade
universitaria en relación coa interferencia dos altos
niveis de ruído nas súas actividades de traballo. Considerouse
oportuno avaliar o estado da USC en materia de ruído
ao que están sometidos os seus membros.
Ámbito
de aplicación: Foi desenvolvido co propósito de estudar situacións
específicas que xurdan en centros con problemáticas
especiais.
As medidas de aplicación xeral serán difundidas en todos
os centros.
Promotores:
Servizo de Prevención de Riscos, Xerencia, Coordinación
do PDS da USC.
Colaboradores:
O traballo de campo foi realizado polo grupo de investigación
de Tratamento da Sinal da Área de Física Aplicada da
USC que tamén liderou o proceso de elaboración de conclusións.
Contarase como en todos os proxectos coa colaboración
dos centros.