|
|
Actividades
|
|
|
|
Inventario florístico do campus de
Santiago
O estudo e inventario botánico do Campus de Santiago
iniciouse en xuño de 2005, promovido pola
Coordinación
do Plan de Desenvolvemento Sostible na Facultade de
Bioloxía, María Dolores Andrés González, e froito da
colaboración coa profesora María Isabel Fraga Vila,
pertencente ao
Departamento de Botánica
da Facultade de Bioloxía, quen
dirixiu este traballo en colaboración cos investigadores do
mesmo departamento Manuel Iglesia Fernández e Celestino
Quintela Sabaris. Apoian tamén este traballo a Concellaría
de Educación e Mocidade do Concello de Santiago e o
Consorcio da Cidade de Santiago.
O seguinte material foi elaborado a partir dos resultados
deste traballo: |
|
|
|
Inventario florístico e faunístico do campus de Lugo
En Maio de 2005, emprendeuse o inventariado florístico e
faunístico (invertebrados) do Campus de Lugo, grazas á
coordinación e supervisión de Emilio Carral Vilariño,
profesor do
Departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía da Escola
Politécnica Superior (EPS) e
coordinador do PDS neste centro coa axuda dos bolseiros
de
Sostibilidade, Participación e Integración Universitaria,
Isabel Ramos (convocatoria 2004-2005), Pascual Rey e Jose
Manuel Meira (convocatoria 2005-2006).
Ademais, cóntase coa colaboración do investigador do
Departamento de Botánica
na EPS. Javier Fernández de
Castro para o inventario florístico e da profesora Teresa
Rodríguez López,
Departamento de Bioloxía Animal da EPS, para o
inventario faunístico (invertebrados).
|
|