versión en castellano
english version

versión para discapacitados
 
Inicio » Plan DS » Datos Plan » Eixe 2 » Mobilidade Sostible » Préstamo bicicletas 09/10 » Análise participación
Seccións
Información xeral
Datos do Plan
Actividades
Enderezo/Teléfono
Contactos

Análise das solicitudes de participación

O prazo de recepción de solicitudes para a participación no Programa foi do 26 de febreiro ao 11 de marzo de 2010. Durante este tempo recibíronse 399 solicitudes de participación, das cales un 73% corresponderon ao campus de Santiago e o 27% restante ao de Lugo.

Participación por sectores

  Estudantes PDI PAS Outros Total
Campus de Santiago 247 14 14 18 293
Campus de Lugo 83 7 4 12 106
Total 330 21 18 30 399
  • Na categoría "Outros" se enmarcan aquelas solicitudes que non marcaron ningún dos campos correspondentes aos sectores da comunidade universitaria establecidos.

  • Respecto aos estudantes, un 67% das solicitudes corresponden a estudantes de primeiro e segundo ciclo, un 14% a estudantes de posgrao e un 17% a Erasmus ou estudantes  de intercambio.

Solicitudes de participación no Programa de préstamo de bicicletas: Distribución por sectores

Participación por sexos

Unha análise das solicitudes en función do sexo, lévanos a observar que case todos os solicitantes dunha bicicleta son mulleres, xa que das 399 solicitudes recibidas, 257 corresponden a mulleres e as 142 restantes a homes. En ambos os dous campus a distribución é similar.

Distribución por sexos das solicitudes de participación no Programa de préstamo de bicicletas

Participación por centros docentes

Solicitudes de participación nos centros docentes. Campus de Santiago

Solicitudes de participación nos centros docentes. Campus de Lugo

 

 

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00