Como podo participar?
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar no programa de préstamo de bicicletas terán que cubrir o seguinte formulario:
|
|
Formulario de participación no
Programa de préstamo de bicicletas |
|
O prazo para solicitar unha bicicleta comeza o 3 de outubro de 2011 ás 09.00h e remata o 16 de outubro de 2011 ás 14.00h.Todas aquelas solicitudes que sexan enviadas en distinto prazo ao anteriormente mencionado, non serán consideradas.
A adxudicación das bicicletas farase en función da orde de inscrición. Haberá dúas listas de peticións diferenciadas para o campus de Lugo e o de Santiago, xa que existirá un número máximo de bicicletas para cada unha das cidades.
A listaxe de persoas ás que se lle concederá unha bicicleta farase pública a través de esta mesma web. Ademais, publicarase a listaxe de persoas en lista de agarda, así coma o calendario de recollida das bicicletas.
|