|
Por que compartir
coche?
O aumento da ocupación dos vehículos privados contribúe a
reducir o consumo de carburante e as emisións. Como exemplo
pódese comparar o consumo e as emisións asociadas a unha
viaxe urbana en coche de 5 km de lonxitude cada día por
persoa e ano
nun vehículo ocupado por un individuo e noutro por catro:
|
Efectos |
Automóbil con 1 ocupante |
Automóbil con 4 ocupantes |
|
| Consumo combustible |
125,9 litros
gasolina/persoa/ano |
31,5
litros gasolina/persoa/ano |
| Emisións CO2 |
365 kg CO2/persoa/ano* |
128 kg
CO2/persoa/ano** |
|
|
Conversores: Noy Serrano;
Una estimació dels costos reals de
l’automóbil: *
0,20 kgCO2/km
**0,07 kgCO2/km |
|
Segundo un
estudo realizado pola Coordinación do Plan de
Desenvolvemento Sostible, un 77% dos usuarios que
habitualmente empregan o automóbil para acceder á USC
estaría disposto a compartir o seu coche con membros da
comunidade universitaria que tiveran que facer un percorrido
similar na mesma franxa horaria.
Obxectivos
-
Promover compartir coche para mellorar a
mobilidade asociada á actividade universitaria.
-
Facilitar o encontro entre persoas que teñan
predisposición a compartir percorridos similares na
mesma franxa horaria.
Destinatarios
|
Importante:
Unicamente poderán participar no Programa
usuarios con enderezo electrónico da USC
(rai.usc.es/si.usc.es/usc.es)
|
Como participar no programa?
Se es membro da USC e queres
ofrecer as
prazas libres do teu coche ou compartir
percorrido cunha persoa que dispoña de prazas libres:
1. Cubre o formulario de
participación no programa "Queres compartir coche?"
2. Unha vez cuberto o formulario serán publicados nesta
mesma páxina
web os seguintes datos: oferta e demanda de
prazas para compartir coche, itinerarios e horarios, así coma o
enderezo de correo
electrónico e nome das persoas ofertantes ou demandantes de
praza.
|
Importante:
Os datos serán actualizados todos os venres
|
3. Se existe un itinerario común ao
teu no que se ofertan ou demandan prazas, só tes que
contactar co usuario a través do correo
electrónico e poñerte de acordo con el para compartir
coche.
4. Unha vez comeces a compartir
coche de forma habitual e, por tanto, deixes de formar
parte da oferta ou demanda de prazas, envía un correo
electrónico a
compartecoche@usc.es para poder darte de
baixa nas listas de oferta e demanda de prazas na web.
Suxestións
Para que o programa "Queres
compartir coche?" funcione é necesario a túa
colaboración. Escríbenos a
compartecoche@usc.es e cóntanos a túa opinión.
|