versión en castellano
english version

versión para discapacitados
 
Inicio » Plan DS » Datos Plan » Eixe 2 » Pegada ecolóxica » Actividades
Seccións
Información xeral
Datos do Plan
Actividades
Enderezo/Teléfono
Contactos

Actividades en colaboración con SGEA e FEG

Motivación

 

Dende a Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible se promove a realización de actividades de difusión ambiental que permitan divulgar entre todos os membros da comunidade universitaria diferentes temas relacionados co medio ambiente.

 

Por esta razón, deseñouse unha campaña de educación ambiental en colaboración

coa Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) consistente nun programa de actividades centradas no concepto de pegada ecolóxica. Estas actividades comezaron no curso 08/09 e continúan no curso 09/10.

Obxectivos

  • Divulgar o concepto de pegada ecolóxica entre os membros da comunidade universitaria.

  • Sensibilizar sobre o impacto que no medio ambiente teñen as actividades que desenvolven e a forma en que é posible reducir a pegada ecolóxica.

 

Relatorios

 

A través de diversos relatorios, dende a Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible se quere achegar a pegada ecolóxica aos estudantes da USC. Ademais, darase a coñecer os principais impactos ambientais asociados ás actividades universitarias e as medidas que dende a Coordinación do Plan se poñen en marcha para intentar minimizalos.

 

Cartel informativo sobre o relatorio na EUFP

Centro Data Horario
Escola Universitaria de Formación do Profesorado 21 de outubro de 2008 11.00

 

Talleres de educación ambiental

 

En que consiste?

 

Realización de actividades con diferentes temáticas, centradas todas elas no concepto de pegada ecolóxica dirixidos aos bolseiros de Sostibilidade, Participación e Integración Universitaria.

 

Ao remate dos seminarios, os bolseiros organizarán unha actividade participativa dirixida a todos os membros da comunidade universitaria na que se tentarán transmitir os conceptos aprendidos nos seminarios.

 

Calendario dos seminarios

 

Na seguinte táboa aparecen recollidos os diferentes seminarios e lugar, data e hora de celebración de aqueles que se desenvolveron durante o curso 08/09.

 

Título Lugar

Data

Hora

A pegada ecolóxica Escola Técnica Sup. de Enxeñaría 16 de outubro de 2008 19:30
E. U. Formación do Profesorado 24 de outubro de 2008 18:00

A débeda ecolóxica Escola Técnica Sup. de Enxeñaría 20 de novembro de 2008 12:00

Consumo responsable Escola Técnica Sup. de Enxeñaría 15 decembro de 2008 12:00
E. U. Formación do Profesorado 16 decembro de 2008 12:00

Mobilidade Sostible Escola Técnica Sup. de Enxeñaría 12 xaneiro de 2009 12:00
Facultade de Veterinaria 13 xaneiro de 2009 12:00

Propostas de actividades para o próximo cuadrimestre Escola Técnica Sup. de Enxeñaría 5 marzo de 2009 12:00

Presentación da planificación das actividades elaborada durante o mes de marzo Escola Técnica Sup. de Enxeñaría 2 abril de 2009 12:00

Avaliación das actividades realizadas Escola Técnica Sup. de Enxeñaría 13 maio de 2009 12:00

 

Exposición A pegada ecolóxica

 

A exposición ten coma obxectivo principal dar a coñecer o concepto de pegada ecolóxica e poñer en valor a súa importancia dentro do marco contextual galego.

Ao longo dos 14 paneis dos que consta a exposición, os visitantes poderán descubrir que é a pegada ecolóxica, calcular rapidamente a súa pegada, decatarse da débeda ecolóxica existente no planeta, coñecer os principais impactos ambientais das actividades universitarias...

Panel Temática
1 A crise ambiental
2 Que é a pegada ecolóxica?
3 Calcula a túa pegada ecolóxica
4 Sostibilidade e equidade
5 A débeda ecolóxica
6 A perca do Nilo
7 A pegada ecolóxica a nivel mundial
8 A pegada ecolóxica en Galicia I
9 A pegada ecolóxica en Galicia II
10 A débeda ecolóxica en Galicia
11 Solucións en Galicia
12 A pegada ecolóxica na USC I
13 A pegada ecolóxica na USC II
14 A pegada ecolóxica na USC III
A pegada ecolóxica na USC I

 

 

Calendario da exposición durante o curso 08/09

 
Centro

Datas


E. U. Formación do Profesorado Do 20 de outubro ao 3 de novembro
Facultade Ciencias Do 3 ao 17 de novembro
Biblioteca Intercentros Do 17 de novembro ao 1 de decembro
Facultade Ciencias Económicas e Empresariais Do 1 ao 15 de decembro
Facultade Ciencias da Comunicación Do 15 ao 29 de decembro
Facultade Medicina Do 29 de decembro ao 16 de xaneiro
Facultade Filosofía Do 16 ao 30 de xaneiro
Escola Técnica Superior de Enxeñaría Do 30 de xaneiro ao 13 de febreiro
Facultade Farmacia Do 13 ao 27 de febreiro

 

Actividades realizadas polos bolseiros SPIU 09/10

Roteiro interpretativo pola cidade de Lugo

O xoves 8 de abril de 2010 os bolseiros SPIU e membros do PDS e da SGEA realizaron un roteiro pola cidade de Lugo, que incluíu un paseo pola muralla de Lugo, unha visita ao mercado da cidade e á asociación de consumo responsable "A cova da Terra". Posteriormente, percorreron algunhas das rúas máis comerciais de Lugo e realizaron unha parada para a comida no entorno do río Rato. O obxectivo fundamental  desta actividade de educación ambiental foi poñer de manifesto as diferenzas entre o modelo actual de consumo e un modelo de consumo responsable.

        

Foto 1. Explicación na muralla de Lugo

Foto 2. Bolseiros SPIU no entorno do río Rato

Fotografía 1. Explicación na muralla de Lugo Fotografía 2. Bolseiros SPIU no entorno do río Rato

Seminario sobre traballo en grupo

O 16 de abril de 2010 tivo lugar en Santiago un seminario de participación entre os bolseiros SPIU, membros da SGEA e do PDS. O obxectivo deste seminario foi que os bolseiros adquiriran coñecementos básicos para o traballo en grupo. Despois de realizar un conxunto de  dinámicas de traballo en equipo,  os bolseiros SPIU dividíronse en 5 grupos para desenvolver diferentes tarefas relacionadas coa pegada ecolóxica da alimentación que terán lugar en abril e maio de 2010. Os bolseiros SPIU de Lugo formaron un só grupo, dado que son un número menor de persoas.

  • Grupo 1-Santiago: Visita ao mercado

  • Grupo 2- Santiago: Difusión e comunicación

  • Grupo 3- Santiago: Obradoiro de cociña ecolóxica

  • Grupo 4- Santiago: Seguimento das actividades

  • Grupo 5- Lugo: Difusión e comunicación, obradoiro de cociña ecolóxica e seguimento das actividades

Foto 3. Dinámica de grupo

Foto 4. Dinámica de grupo

Fotografías 3 e 4. Diferentes dinámicas de grupo

Os bolseiros e bolseiras SPIU repartíronse da seguinte maneira:

 

Grupo 1 - Santiago: Visita ao mercado

Bolseiro/a  SPIU Facultade

Mariña Lobelle Varela Bioloxía
Marcelo Andrade Sá Maia Filosofía
Rosalía Guadalupe Balboa Díaz CC da Educación (Campus Sur)
Aránzazu Vázquez Bermúdez Farmacia
Ana Mª Falagán Gómez CC da Comunicación
Lara Suárez Carregal CC da Educación (Campus Norte)

Grupo 2 - Santiago: Difusión e Comunicación

Bolseiro/a SPIU Facultade

Rocío García Carregal Física
Laura Peleteiro Gómez Medicina
Pío Carrasco Gallego EU Óptica
Brais Redonda Touceda Xeografía e Historia
Daniel Pablo Caneda Pena CC Económicas e Empresariais
Rogelio Bandín Domínguez ETSE

Grupo 3 - Santiago: Obradoiro de cociña ecolóxica

Bolseiro/a SPIU Facultade

Natalia Barcala del Caño ETSE
Lydia Yusta Bermúdez de Castro Psicoloxía
Ana Mª Branco Fernández Odontoloxía
Cristina Rivas Novas Dereito
Lidia Lois Martínez Filoloxía

Grupo 4 - Santiago: Seguimento das actividades

Bolseiro/a SPIU Facultade

Carlota Mª Rego Palleiro CC Políticas e Sociais
María López Sebio EU Enfermería
Álvaro Pazos Boquete RR LL
J.Antonio Arias Rodríguez Matemáticas
Carlos Alén López Química

Grupo 5 - Lugo: Difusión e comunicación, obradoiro de cociña ecolóxica e seguimento das actividades

Bolseiro/a SPIU Facultade

Tomé Laxe Gómez Humanidades
Beatriz Rodríguez-Morales López EPS
Alba García Garrido EUFP
Alejandra Abuín Sixto ADE
Ángela Vázquez Álvarez Ciencias
David de Andrade Graça Veterinaria

En letra negriña indícanse os coordinadores de cada grupo.

Obradoiros de cociña ecolóxica

Campus de Santiago

O día 11 de maio de 2010 celebrouse un obradoiro de cociña ecolóxica para estudantes da USC na RU. Burgo das Nacións (Campus Norte).

Fotografía 5. Participantes no curso de cociña ecolóxica en Santiago Fotografía 6. Dinámica participativa sobre consumo responsable
Fotografía 5. Participantes no curso de cociña ecolóxica en Santiago Fotografía 6. Dinámica participativa sobre consumo responsable
Fotografía 7. Participantes no curso Fotografía 8. Participantes no curso Fotografía 9. Menú elaborado polos participantes do curso de cociña ecolóxica
Fotografías 7 e 8. Participantes no curso Fotografía 9. Menú elaborado no curso de cociña ecolóxica

 

Listado de receitas elaboradas no curso de cociña ecolóxica de Santiago
  • Leite de améndoa.
  • Paté de sésamo.
  • Tortilla vegana (sen ovo).
  • Hamburguesa de faba negra.
  • Galleta de algarroba.

Campus de Lugo

O día 20 de maio de 2010 celebrouse un obradoiro de cociña ecolóxica para estudantes da USC na RU. Bal y Gay.

Fotografía 10 e 11. Participantes no curso de cociña ecolóxica de Lugo

Fotografía 10 e 11. Participantes no curso de cociña ecolóxica en Lugo
Fotografía 12. Participantes no curso de cociña ecolóxica de Lugo Fotografía 13. Platos elaborados no curso
Fotografía 12. Participantes no curso de cociña ecolóxica en Lugo Fotografía 13. Pratos elaborados no curso de cociña ecolóxica de Lugo

 

Listado de receitas elaboradas no curso de cociña ecolóxica de Lugo
  • Paté vexetal.
  • Humus.
  • Quimbombó con cilantro y tomate.
  • Pementos recheos de curry, pasas e tóner.
  • Laranxas con mel.
  • Fresas con redución de vinagre de Módena.
Material divulgativo

Material sobre consumo responsable

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00