versión en castellano
english version

versión para discapacitados
 
Inicio » Plan DS » Datos Plan » Eixe 2 » Pegada ecolóxica
Seccións
Información xeral
Datos do Plan
Actividades
Enderezo/Teléfono
Contactos

Impacto ambiental nas universidades

A sociedade actual caracterízase por manter un determinado modelo de vida baseado nun elevado ritmo de consumo que se reflicte principalmente nun paulatino esgotamento dos recursos naturais e nunha xeración de residuos en constante aumento.

As universidades non son alleas a este problema e están a producir un impacto no medio derivado do consumo de recursos e xeración de residuos asociados ás súas actividades docentes, investigadoras e de xestión. Este impacto ambiental pode ser cuantificado a través da pegada ecolóxica.

Que é a pegada ecolóxica?

A pegada ecolóxica é un indicador que nos permite coñecer aproximadamente o impacto dunha poboación sobre a natureza. Exprésase en hectáreas por persoa e ano, representando os custes ecolóxicos do modelo de vida da poboación analizada (mediante a superficie de planeta necesaria para manter ese determinado modelo).

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00