| A Universidade de Santiago de Compostela está a pór en marcha medidas de aforro e eficiencia enerxética por dúas importantes razóns: por respecto ao medio ambiente e polo que supón de aforro económico. Para isto tenta combinar actuacións encamiñadas a acadar melloras nas infraestruturas e nos sistemas de medición do consumo, coa promoción de hábitos máis responsables por parte dos membros da comunidade universitaria.
Con pequenos cambios nos nosos costumes podemos acadar importantes reducións no consumo, sen por elo perder comodidade ou servizos. Por esta razón, a USC solicita a túa participación, para que, dende o teu posto e a túa responsabilidade, contribúas a este obxectivo común.
|