| Coa
firma deste convenio coa Asociación Plataforma polo Emprego
(PPE) búscase por un lado, xestionar adecuadamente un
residuo contaminante, xerado pola actividade universitaria,
respectando ao medio ambiente, e, por outro lado, contribuír
nos proxectos socio-laborais que persegue esta Asociación.
Asemade, inculcar entre
os membros da comunidade universitaria pautas de comportamento
respectuosas co medio ambiente. |