En
que consiste?
A USC asinou un convenio de colaboración
en xuño de 2005 con tres organizacións non gobernamentais para que a
campaña que desenvolven para a recollida de móbiles
teña lugar nos campus de Santiago e Lugo.
Esta campaña enmárcase baixo o lema
"Dona
tu móvil" xestionada por Cruz
Vermella, Fundación
Entreculturas e a ONG ALBOÁN
(País Vasco e Navarra) coa colaboración da empresa
CMR (Corporate
Mobile Recycling).
Campaña de reciclaxe de móbiles na USC
[PDF-58.2Kb]
Esta campaña vai destinada á recollida
de teléfonos móbiles en desuso ou que xa non funcionen
co obxectivo de poder darlle unha nova utilidade social
mediante a súa venta, ao mesmo tempo que se colabora
no respecto ao medio ambiente.
Para o desenvolvemento da campaña
dotouse de 8 contedores aos
centros docentes
dos campus da USC para depositar os móbiles e de
bolsas individuais
con franqueo pagado.
|