versión en castellano
english version

versión para discapacitados
 
Inicio » Plan DS » Datos Plan » Eixe 3 » Participación no PDS: Información Xeral
Seccións
Información xeral
Datos do Plan
Actividades
Enderezo/Teléfono
Contactos

Motivación

O Plan de Desenvolvemento Sostible nace cunha vocación de transversalidade que fai necesaria a definición dun entramado xestor que permita a participación de toda a comunidade universitaria ao tempo que asigne a cada un dos servizos existentes a xestión técnica dos diversos campos nos que incide.

 

É imprescindible establecer un espazo de interlocución específico para o que se creou a estrutura de Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible coa natureza de asistencia á Vicerreitoría na súa labor de dinamización e coordinación política. Na actualidade, dita estrutura transformouse e creouse a Oficina de Desenvolvemento Sostible dentro do organigrama funcional da USC, como unha unidade con entidade propia.

 

Para asegurar o despregamento das accións en todos os ámbitos da USC, especialmente no estudantil, cóntase cos Coordinadores do Plan de Desenvolvemento Sostible que, nomeados polos equipos directivos dos centros, asumen as funcións de coordinación do Plan no seu respectivo ámbito sendo reforzados por figuras de bolseiros para a execución de campañas específicas.

 

Xestión

 

A coordinación é levada a cabo pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade. A xestión das actuacións concretas é desenvolvida polos servizos correspondentes da USC. Outro modelo suporía facer da calidade unha competencia allea ao cometido de cada un dos servizos da Universidade ao convertela nunha competencia dunha vicerreitoría. Por último, a participación dos centros a través dos seus coordinadores e dos bolseiros son as claves para o desenvolvemento deste proxecto.

 

Procedemento de avaliación

O Plan de Desenvolvemento Sostible establece que corresponde á Comisión de Calidade e Planificación a avaliación e seguimento deste. Por isto, a Oficina do Plan presenta á Comisión de Calidade os resultados acadados para que esta realice a avaliación correspondente.

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00