versión en castellano
english version

versión para discapacitados
 
Inicio » Plan DS » Datos Plan » Eixe 3 » Liña Actuación: Participación Campaña
Seccións
Información xeral
Datos do Plan
Actividades
Enderezo/Teléfono
Contactos

Participación en campañas de sensibilización relacionadas co Cambio Climático

Motivación

 

A modificación que está a experimentar o clima está a prexudicar seriamente a saúde da Terra. Este Cambio Climático, caracterizado por un rápido quecemento, prodúcese como consecuencia da nosa actividade diaria e constitúe un dos problemas máis graves aos que se enfronta a humanidade.

Ante esta situación, a USC, dende a perspectiva de institución universitaria, consciente da magnitude desta ameaza global asume o compromiso de promover a participación en campañas de sensibilización sobre o medio ambiente e na procura de adopción de solucións aos problemas ambientais.

 

Campaña de sensibilización sobre o Cambio Climático: O clima cambia. E ti?

 

- En que consiste? 

Esta campaña de concienciación e acción voluntaria sobre o Cambio Climático, realizada por CeroCO2, trátase dunha iniciativa encamiñada cara ao coidado e protección do clima promovida pola Fundación Natura e a Fundación Ecología y Desarrollo dirixida cara ao ámbito universitario.

O obxectivo a conseguir é informar ao colectivo universitario sobre o Cambio Climático, conciencialo da súa problemática e promover a adopción de solucións.

- Calendario

O ámbito temporal da campaña estenderase dende o 16 de outubro atá o 30 de novembro de 2006.

- Como colabora a USC?

Mediante a adhesión a este proxecto, a USC comprométese á artellar a súa difusión nos centros docentes e edificios, mediante:

- Distribución de folletos e demais material divulgativo

- Establecemento de paneis expositores con carteis temáticos:

 

 
  • Campus de Lugo: Facultade de Ciencias e Escola Politécnica Superior

  • Campus de Santiago: Facultade de Bioloxía, Facultade de CC Económicas e Empresariais e Biblioteca Concepción Arenal

Semana temática
Data

Semana 1:
16-20 de outubro

Semana 2:
23-27 de outubro

Semana 3:
30 de outubro- 3 de novembro

Semana 4:
Mitigar o Cambio Climático na mobilidade e o transporte
6-10 de novembro

Semana 5:
13- 17 de novembro

Semana 6:
20-24 de novembro


Para máis información desta campaña:



 www.frenaelcambioclimatico.org


 

Campaña de sensibilización sobre o Cambio Climático: Crimes de Lucindo

 

- Obxectivos 

Esta campaña é continuación da realizada o ano pasado pola Fundación Natura dirixida cara ao ámbito universitario. Neste caso as accións están centradas no papel das fragas no cambio climático subliñando a importancia do coidado da natureza na loita contra o quecemento global.

O obxectivo final é que o colectivo universitario tome conciencia da súa corresponsabilidade no quecemento global para dar lugar a un cambio nos seus hábitos que permita reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, relacionadas neste caso coa deforestación.

- En que consiste?

A campaña centra a súa mensaxe na resolución de forma detectivesca e policíaca dos "crímes de Lucindo" na que se mostrará o problema da deforestación e requerirá da participación dos universitarios nun xogo de investigación para resolver o crime que se está a producir na Selva de Lucindo, situada na Mata atlántica do Brasil.

- Como colabora a USC?

Mediante a adhesión a este proxecto, a USC comprométese á artellar a súa difusión nos centros docentes e edificios, mediante a realización de accións presenciais que redirixirán aos universitarios á web www.crimenesdelucindo.org. Ditas accións realizaranse nos seguintes centros:

  • Campus de Lugo: Facultade de Ciencias e Escola Universitaria de Formación do Profesorado.

  • Campus de Santiago: Facultade de Ciencias da Educación (campus Norte), Residencia Universitaria do Burgo das Nacións e Residencia Universitaria Monte da Condesa.


Para máis información desta campaña:



 www.crimenesdelucindo.org


Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00