|
Que é a
Caravana Universitaria polo Clima?
A Caravana Universitaria polo Clima é un programa de
sensibilización e educación ambiental que consiste na
utilización dun autobús itinerante con porto en diferentes
universidades españolas, no que viaxan un grupo de
voluntarios polo clima de ditas universidades, encargados de
dinamizar actividades de sensibilización dos membros das
comunidades universitarias participantes sobre a loita ante
o cambio climático.
A iniciativa deste proxecto xurde do grupo de traballo de Calidade Ambiental e
Desenvolvemento Sostible da Conferencia de Reitores das
Universidades Españolas (CRUE). Ademais, conta co patrocinio
da Fundación Biodiversidade e de ALSA.
O proxecto ten unha duración de case un mes. O seu comezo
será o 9 de febreiro cun primeiro encontro do equipo de
voluntariado na Universidade Autónoma de Madrid. O proxecto
finalizará oficialmente o venres 7 de marzo na mesma
Universidade. Nas Palmas de Gran Canaria unicamente
realizarase as actividades que teñan deseñadas a
universidade co seu grupo de voluntarios e para o resto da
comunidade universitaria.
Quen participa
no proxecto?
Neste
proxecto están a participar as seguintes universidades:
De cada unha destas universidades viaxan
dous voluntarios, en quendas dunha semana, acompañadas por
persoal da Coordinación do proxecto, correspondente á
Universidade Autónoma de Madrid.
A USC participa nesta campaña a través da
Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible que, entre
outras cousas, seleccionou aos voluntarios participantes:
|
Voluntario |
Centro |
Campus |
|
|
Patricia Barro Rochela |
Escola Universitaria de Formación do Profesorado |
Lugo |
|
Camila Nogueira Sande |
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais |
Santiago |
|
José Manuel López Rodríguez |
Facultade de Humanidades |
Lugo |
|
Sabela Dávila Cacheda |
Facultade de Ciencias da Educación |
Santiago |
|
Laura Cortiñas Pérez |
Facultade de Químicas |
Santiago |
|
Nataly Pazos Boquete |
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Santiago |
|
Rocío García Carregal |
Facultade de Físicas |
Santiago |
|
Cales son os obxectivos da Caravana?
Os obxectivos que se
pretenden acadar con este proxecto de sensibilización
ambiental son:
-
Favorecer a
contribución das universidades á loita contra o cambio
climático.
-
Promover o liderado
entre os membros da comunidade universitaria das
universidades participantes para a acción contra o
cambio climático.
-
Promover
comportamentos responsables dos membros da comunidade
universitaria comprometidos coa redución de gases de
efecto invernadoiro.
Actividades da
CaravanaAs actividades
que se van a desenvolver nas diferentes universidades
responden a tres tipos:
-
Actividade
formativa: xornada de
difusión das investigacións levadas a cabo en cada
universidade que teñan relación co cambio climático.
-
Actividade
práctica (visita ou excursión):
visitas a proxectos e instalacións das diferentes
universidades relacionados coa mitigación do cambio
climático.
-
Actividade de
impacto: actividade que pretende a captación de
participantes nas actividades de cada unha das
universidades e a recollida de propostas sobre
actuacións posibles que eles mesmos poden desenvolver
para minimizar a súa contribución ao cambio climático.
A Caravana na
USCA
Caravana Universitaria polo Clima visitará Santiago o
vindeiro mércores 13 de
febreiro e estará instalada
diante da Facultade de Dereito, no campus Sur. Durante todo
o día terán lugar actividades organizadas pola Coordinación
do Plan de Desenvolvemento Sostible:
|
Horario |
Actividade |
Lugar |
|
| 10.00-13.30 |
Visita a instalacións enerxéticas e proxectos
medioambientais da USC |
Campus Sur |
| 16.00-17.45 |
Entroido polo Clima |
Diante da Facultade de Dereito,
Campus Sur |
| 18.00-19.30 |
Exemplos de investigación sobre cambio climático
na USC |
Salón de Actos do Colexio Maior
Fonseca |
|
-
Visita a
instalacións enerxéticas e proxectos medioambientais da
USC: esta visita inclúe o Almacén de Residuos
da USC, a Unidade de Coxeración situada no Pavillón de
Deportes e Roteiros Verdes. A visita está limitada
exclusivamente aos voluntarios da Caravana e aos
bolseiros SPIU e vai estar guiada polos responsables das
diferentes instalacións.
|