|
En 2007, celebrouse na Universidade de Santiago de Compostela, dentro do Seminario Permanente de Ambientalización de CADEP-CRUE, unhas xornadas sobre "Indicadores e Sostibilidade nas Universidades", que foron a base para a creación do grupo de traballo temático sobre Avaliación da sostibilidade universitaria. Na actualidade, este grupo está integrado polas universidades Autónoma de Barcelona, Autónoma de Madrid, Carlos III de Madrid, Miguel Hernández de Elche e Santiago de Compostela.
O grupo de traballo considerou necesario realizar un estudo sistemático das iniciativas das universidades españolas, coa definición dunha serie de ámbitos, indicadores e criterios cos que medir a contribución das universidades españolas á sostibilidade, seguindo o camiño que están a tomar outros países. Para elo, diseñou un sistema de indicadores que ten coma principal utilidade a de servir de auto-diagnóstico particular para que cada universidade planifique e mellore a súa intervención ambiental, pola sostibilidade e a responsabilidade social.
En xuño de 2010, o grupo de traballo presenta unha proposta de estudo á convocatoria do Programa de Estudos e Análise do Ministerio de Educación, destinadas á mellora da calidade da ensinanza superior e da actividade do profesorado universitario. Dita proposta foi aprobada e as principais conclusión do traballo realizado poden consultarse no seguinte documento:
Avaliación das políticas universitarias de sostibilidade como facilitadoras para o desenvolvemento dos campus de excelencia internacional [2.4 MB]
|