versión en castellano
english version

versión para discapacitados
 
Inicio » Plan DS » Datos Plan » Eixe 3 » Participación no PDS: Bolsas SPIU » Grupos de Traballo (2004-2005)
Seccións
Información xeral
Datos do Plan
Actividades
Enderezo/Teléfono
Contactos

Grupos de traballo (convocatoria 2004-2005)

Cada centro participa nun grupo de traballo integrado por representantes dun máximo de 5 centros. Os representantes de cada centro son o coordinador do Plan e o bolseiro do centro. Os grupos de traballo reúnense unha vez ao mes para realizar unha posta en común e discusión das actividades en marcha.

O traballo a desenvolver no marco do Plan distribúese en 5 grupos de traballo.

Constitución

Cada grupo está integrado por varios bolseiros e os seus respectivos coordinadores e constituído ata un máximo de 5 centros.

 

Dinámica de traballo

 

Baséase na colaboración para desenvolver actividades relacionadas coa temática do grupo. Para establecer sesións de posta en marcha, coordinación e colaboración realízanse reunións periódicas, para cada grupo, ás que asiste un representante da coordinación do Plan co que se conta para organizacións das reunións, elaboración de actas destas, organización das tarefas a desenvolver e todo tipo de apoio que se requira para a realización das actividades que se desenvolvan. Estas xuntanzas teñen como obxecto:

  • Elaboración dun calendario de traballo

  • Definición de obxectivos

  • Posta en común da tarefa desenvolvida por cada bolseiro na que decidiu traballar

  • Exposición de suxestións, necesidades ou situacións presentes en cada centro que permitan adecuar o desenvolvemento das actividades á situación cambiante dos centros e á opinión e necesidades dos seus membros

O traballo efectuado por cada integrante reflectirase en documentación escrita nun informe que cada bolseiro debe entregar ao remate da bolsa.

 

Temáticas

 

Cada un dos cinco grupos de traballo existentes participa nunha temática diferente relacionada cun apartado do Plan:

 

Integrantes dos grupos

Calidade ambiental
Deseño e ordenación urbana
Difusión interna
Difusión externa Xestión enerxética

Química
Matemáticas
Enfermaría
C.C.Educación (Norte e Sur)
Dereito
Veterinaria (Lugo)
Bioloxía
Medicina e Odontoloxía
Xeografía e Historia
Física
Ciencias (Lugo)
Politécnica (Lugo)
Formación Profesorado (Lugo)
Humanidades (Lugo)
ETSE
Farmacia
Filoloxía
Económicas e Empresariais
Psicoloxía
Empresarias (Lugo)
E.U.Laborais
C.C.Políticas
C.C.Comunicación
 
 

Liñas de actuación comúns

-Cubrimento dun cuestionario sobre a diagnose da xestión de residuos nos centros docentes.

-Cubrimento da enquisa sobre o grao de percepción dos problemas ambientais e de coñecemento do PDS entre a comunidade universitaria.

-Asistencia ás xuntanzas mensuais correspondentes a cada grupo de traballo.

-Información da situación e supervisión de contedores de pilas e tóner nos centros.

-Colocación nos centros docentes, residencias e colexios maiores de diverso material de papelaría.

-Colaboración co Centro de Transfusión de Galicia na Campaña de Doazón de Sangue nos Centros Universitarios.

-Colaboración co Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.

-Colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro.

Liñas de actuación específicas

  • Calidade ambiental

-Proxecto de compostaxe na cafetaría da Facultade de Ciencias de Lugo.

-Campaña de información sobre o PDS nos locais de alumnos das Facultades de Económicas e Empresariais, Veterinaria e Químicas.

-Elaboración de carteis abordando diferentes temáticas (ruído, aforro enerxético....).

-Proposta de celebración dun concurso cunha natureza de reto enerxético entre centros docentes para a redución do consumo enerxético.

  • Deseño e ordenación urbana

-Estudo do patrimonio natural no campus de Lugo que inclúe a realización de inventarios das especies vexetais e animais.

-Elaboración dunha serie de propostas de traballo en relación co transporte e mobilidade nos campus.

-Elaboración dun boceto da situación do transporte urbano e interurbano ao redor do campus de Santiago co obxecto de sintetizar a situación actual, así como detectar posibles deficiencias neste servizo en determinadas zonas.

-Estudo sobre as barreiras arquitectónicas da Facultade de Matemáticas do campus de Santiago.

-Proposta de recomendacións que inciden na redución do consumo do papel e o aumento do uso de papel reciclado.

-Listaxe de recomendacións básicas á hora de imprimir para diminuír o consumo de papel.

-Deseño de bocetos para futuros carteis que informarían do PDS no contorno da USC ademais de informar sobre o aforro e a reciclaxe.

  • Xestión enerxética

-Recopilación e tratamento da información relativa aos diferentes tipos de enerxías renovables correspondentes ao deseño de paneis a instalar na Aula de Enerxías Renovables da ETSE.

-Inventariación do equipamento de papeleiras nas beirarrúas do campus de Santiago.

-Confección dun cartel co obxecto de fomentar o aforro enerxético.

-Proposta e elaboración dunha sección sobre o ambiente para a páxina web da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo, coa finalidade de integrar aos estudantes neste senso.

  • Difusión interna 

-Traballo de divulgación de información da nova lei antitabaco nos centros docentes da USC (recollida de información e composición de carteis).

-Estudo da reciclaxe na Facultade de Medicina e Odontoloxía, mediante o paso de enquisas polos departamentos dos centros, análise das mesmas e conclusión dos datos obtidos.

-Inventariación das lámpadas e luminarias do campus sur relativo ao traballo sobre a contaminación lumínica no campus Sur da USC.

-Utilización do local de alumnos da E.U. Formación de Profesorado do campus de Lugo para información das diferentes bolsas destinadas ao estudantado.

-Elaboración de dous decálogos; un que atinxe á reciclaxe e outro sobre o consumo de enerxía.

-Realización das bases dun concurso para dar a coñecer o PDS no ámbito universitario.

-Inventariación do equipamento de papeleiras nas beirarrúas do campus de Lugo.

-Borrador dunha enquisa de hábito tabáquico para realizar nos centros da USC.

-Borrador da enquisa encamiñada a indagar o grao de coñecemento do PDS e da percepción dos problemas ambientais na comunidade universitaria.

  • Difusión externa

-Elaboración dunha serie de pautas ou prácticas ambientais, dirixidas á vida diaria doméstica e universitaria.

-Deseño de carteis encamiñados cara a reciclaxe e a separación selectiva de residuos na Facultade de Xeografía e Historia.

-Inventariación das lámpadas e luminarias do campus Norte de Santiago e campus de Lugo relativo ao traballo sobre a contaminación lumínica nos campus da USC.

-Deseño dunha ruta verde polo campus de Lugo.

-Elaboración dun borrador de cartel para a campaña de recollida de móbiles na USC e un cartel para promover a separación selectiva dos residuos.

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00