versión en castellano
english version

versión para discapacitados
 

Inicio » Plan DS » Datos Plan » Eixe 3 » Participación no PDS: Bolsas SPIU » Información Xeral

Seccións
Información xeral
Datos do Plan
Actividades
Enderezo/Teléfono
Contactos

Características da bolsa

  • Esta bolsa ten unha duración de 7 meses (decembro 2011-xuño 2012).

  • Conta cunha dotación de 145 euros ao mes.

  • Convócase 1 bolsa por cada centro docente: 21 no campus de Santiago e 6 no campus de Lugo.

  • Convocatoria coordinada entre o Servizo de Participación e Integración Universitaria e a Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC.

Requisitos

  • Ser estudante da USC durante o curso 2011-2012 nos colectivos de estudante de grao, estudante de máster ou, para as titulacións non adaptadas ao EEES, ser estudantes de 1º e 2º ciclo.

  • Pódese gozar da bolsa ata un máximo de 3 convocatorias diferentes.

Funcións e obrigas

  • Realizar as actividades deseñadas dende a Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible ao longo do tempo de duración da bolsa. Entre elas destacamos:
    • Colaborar coa Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible na realización de actividades de carácter ambiental nos centros docentes, en colaboración co coordinador do Plan de Desenvolvemento Sostible do centro.
    • Promover en cada centro a difusión de información sobre cursos, seminarios, xornadas e actividades relacionadas con sostibilidade, participación e integración universitaria.
    • Participar nas reunións de coordinación para o correcto desenvolvemento das bolsas, así coma nas diferentes actividades formativas: cursos relatorios, visitas a exposicións...
  • Realizar as actividades deseñadas dende o Servizo de Participación e Integración Universitaria ao longo do tempo de duración das bolsas:
    • Activar as campañas dirixidas a estudantes en temas de participación social, voluntariado e integración.

O incumprimento das funcións e obrigas propias da bolsa por parte do beneficiario desta, suporá a súa revogación inmediata.

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00