Programa oficial de Doutoramento en Estudos ingleses. Tendencias
Actuais e Aplicacións
|
Programa recoñecido coa Mención hacia a
Excelencia do Ministerio de Educación para os cursos 2011-2012,
2012-2013 e 2013-2014
|
|
MASTER UNIVERSITARIO OFICIAL EN ESTUDIOS
INGLESES: TENDENCIAS ACTUAIS E APLICACIÓNS |
|
MEC P5081P01 Verifica 1394/2009 Código RUCT 4311757 |
 |
1ª
EDICIÓN: CURSO
2009-2010
2ª
EDICIÓN: CURSO
2010-2011
|
CARACTERÍSTICAS XERAIS DO MÁSTER:
Ø
Orientación:
Investigadora (e académica)
Ø
Nº total de Créditos: 60
(*Sistema de créditos ECTS)
Ø
Tipo de Ensino:
Presencia, horarios flexibles e compatibles con outras actividades
académicas e laborais)
Ø
Linguas nas que se
imparte: inglés.
Ø
O Máster constitúe o
período de formación para o Programa de Doutoramento en Estudos
Ingleses: Tendencias Actuais e Aplicacións.
XUSTIFICACIÓN E
INTERÉS ACADÉMICO E CIENTÍFICO:
Ø
O presente Máster provén
da conversión dun programa de doutoramento de calidade, ‘Tendencias
Actuales en los Estudios Ingleses y sus Aplicaciones’
(MCD2005/00244). A mención de
calidade do programa de
doutoramento foi renovada ininterrompidamente tras ter superado unha
auditoría (2006) e dous seguimentos (2007 e 2008).
Ø
O propósito formativo do
presente máster é ofrecer ao alumno exemplos concretos e actuais
sobre o labor académico e investigador que ten lugar
na actualidade nunha triple vertente: lingüística, literaria e
cultural. O programa adecúase aos obxectivos estratéxicos da USC xa
que pretende dar resposta a unha demanda social.
Ø
O máster que presentamos
propón potenciar os estudos de posgrao, promover a formación
permanente de estudiantes e profesores, desenvolver accións
formativas complementarias, favorecer e fomentar a investigación
básica e aplicada, e dinamizar futuros grupos de investigación.
OBXECTIVOS:
O presente máster facilita a adquisición
por parte do estudante dunha formación avanzada, de carácter
especializado e multidisciplinar, orientada á especialización en
tarefas investigadoras e académicas.
Neste senso,
·
Ofrece
unha formación superior nos fundamentos e aplicacións da lingüística
e da literatura en lengua inglesa a licenciados no sistema actual de
títulos oficiais do Estado español e doutros sistemas educativos
equivalentes, consolidando elementos formativos de carácter teórico,
metodolóxico e aplicado para avanzar nos novos horizontes da
investigación.
·
O
programa permite dous itinerarios formativos:
(a) un itinerario
lingüístico no que se oferta unha formación avanzada en métodos e
aplicacións da lingüística teórica e aplicada en lengua inglesa.
(b) un itinerario de
literatura e cultura en lingua inglesa que integra unha formación
especializada nos enfoques teóricos e metodolóxicos máis relevantes
na actualidade, así como a sua aplicación á problemática inherente
aos textos literarios.
·
O máster equipará
ao alumnado coa formación necesaria para desenrolar investigación de
calidade, así como para actualizar os contidos da súa especialidade
para o exercicio investigador e académico en distintos ámbitos.
Coordinadora Xeral Margarita Estevez Saa
E-Mail:
margarita.estevez.saa@usc.es
Teléfono: 981 563 100 // Extensión 11839
Fax: 981 574 646
Departamento de Filoloxía Inglesa
Facultade de Filoloxía
Avda. de Castelao, s/n
Campus Universitario Norte
15782 Santiago de Compostela (A Coruña)
Secretaria Administrativa:
E-Mail:iasec@usc.es
Teléfono: 981 563 100 // Extensión 11853
Fax: 981 574 646
Departamento de Filoloxia Inglesa
Facultade de Filoloxía
Avda. de Castelao, s/n
Campus Universitario Norte
15782 Santiago de Compostela (A Coruña)
|