JULIO CERVIÑO FERNÁNDEZ

Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais (Universidade Autónoma de Madrid). Máster en Dirección Internacional de Empresas-MBA (Universidade Autónoma de Madrid). Máster of Arts in International Affairs (Washington University). Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais (Universidade de Santiago de Compostela).

Na actualidade é o codirector do Máster en Dirección Internacional de Empresas na Universidade Carlos III e profesor de Marketing Internacional na Universidade Carlos III de Madrid. Tamén, colabora como docente en diferentes institucións como son Universidade Nacional de Piura (Perú), a Universidade da Habana (Cuba), a Cámara de Industria e Comercio de Madrid, Universidade de Seinäjoen (Finlandia) entre outras.

Conta cunha ampla experiencia profesional na área de Marketing en empresas multinacionais como Maritz, John Fabick Tractor o Mcdonnell Douglas Corporation. Tamén é Asesor Técnico do Foro de Marcas Renombradas Españolas.

Ó longo da súa carreira publicou numerosos artigos en destacadas revistas científicas como International Journal of Retail and Distribution Management, International Journal of Management, Información Comercial Española, Human Resource Management Journal e Economía Industrial. Ademais, é autor de varios libros: "Marketing Internacional: Novas Perspectivas para un Mercado Globalizado" (Pirámide), "Made in Spain. A imaxe de España e as súas Marcas no Mundo" (ICEX-FMRE), "Marcas Internacionais: Como Crealas e Xestionalas" (Piramide) e "Marketing Internacional: Casos e Exercicios Prácticos" (Pirámide).