MIGUEL ÁNGEL OTERO SIMÓN
Licenciado en Ciencias Empresariais e Máster en Comercio Exterior (Universidade de Santiago de Compostela); completou a súa formación co posgrao Development in International Business Studies (Universidade de Carolina do Sur) e realizou o Programa de Doctorado en Administración e Dirección de Empresas (Universidade de Santiago de Compostela).
Actualmente é Profesor de Comercialización e Investigación de Mercados e Director do Máster de Dirección e Xestión de Comercio Exterior na Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, forma parte do cadro de profesores do Curso de Posgrao de Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais (CICA) que organiza a Escola de Medios de Comunicación de La Voz de Galicia, no MBA que imparte a Universidade de León e no Máster en Dirección e Xestión de Empresas de Deseño e Moda que organiza o ITE-CaixaGalicia. Tamén imparte docencia habitualmente no Instituto Tecnológico de Estudos Superiores de Monterrey (México).
A súa experiencia profesional desenvolveuse en empresas de diferentes sectores productivos como as telecomunicacións (Televés), a alimentación (Donuts-Panrico), a banca (Banco Urquijo) e o turismo (Globalia). Foi Fundador e Socio Director de ECOGESTION Consultores e GALEXPORT Consultores Internacionais, onde implementou proxectos de expansión internacional para medio centenar de empresas.
É autor de máis de 30 publicacións entre as que destacan os libros "Marketing Internacional" (Pirámide 1997) en colaboración, e "Internacionalización, Como iniciar a expansión" (NETBIBLO 2008) e numerosos artigos en revistas especializadas como Información Comercial Española (ICE), Análise Empresarial ou a Revista Galega de Economía.