logotipo
Descrición do Máster

Introducción

Este Máster Oficial foi deseñado para cubrir as necesidades profesionais e de investigación en tódolas áreas relacioadas coa Acuicultura. O sistema empregado para seu deseño implicou un esforzo de máis de 3 anos de reunións continuas, durante as cales participaron expertos de distintas áreas relacioadas coa Acuicultura, e contando co asesoramento directo de profesionais do Sector.

Para asegurar o seu éxito, o Máster compaxinós enfoques académico, profesional e investigador. Por iso, non só participan as tres Universidades do Sistema Universitario Galego (SUG), sino tamén tódolos entes sociais que en Galicia están implicados en calquera área relacioada coa Acuicultura, incluindo centros de formación (Instituto Galego de Formación en Acuicultura, IGAFA), centros de investigación (Instituto Español de Oceanografía, IEO, de Vigo e Coruña; Instituto de Investigacións Marinas CSIC, Vigo; Centros de Investigacións Mariñas, CIMA, de Corón e Ribadeo), así como asociacións e Clusters de empresas como o Cluster de Acuicultura de Galicia e a Organización de Productores de Mexillón de Galicia (OPMEGA).

O Máster foi reorganizado para pasar de 120 a 90 créditos (30 deles correspondientes a un Traballo de Fin de Máster [TFM]). A él está vinculado un Doutorado Oficial; así, no itinerario de doctorado, os alumnos deberán cursar 60 créditos, a elexir entre a oferta de materias do Máster (30 do TFM). Non obstante, os alumnos que completen o Máster poderán acceder directamente á etapa de Tesis.

A docencia teórica impartese, a través de vídeo conferencia, dende as Facultades de Bioloxía e de Ciencias das tres Universidades, e de modo presencial nos centros non universitarios participantes. A docencia práctica impartirase sempre vía presencial.

Os prazos de preinscripción e matrícula publicanse de modo oficial nas webs das universidades e se indican noutros apartados de esta web.

Logos Universidades